Homenaxe a Benedicta
Sendo galega de orixe
do Corgo concretamente,
faise muller internacional
percorrendo medio mundo.
Con oitenta e cinco cumpridos,
nada en San Fiz de Paradela
é quen de gañar un Goya
protagonizando O que arde.
Salientando na pantalla
como actriz revelación,
é valente e decidida
para a súa xeración.
Ser de espírito libre
fotógrafa no Brasil,
é viaxeira incansable
libreira por devoción.
Dirixida polo director
franco-galego Oliver Laxe,
xorde o máis da xaneliña
como a mellor película.
Sendo persoa de maior idade,
facendo nai dese pirómano,
as xentiñas con intres
marchan arreo para vela.
A muller que ela interpreta
por estas terras galegas,
é un ser de poucas falas
pero hai que coñecela.
De canosa e longa cabeleira
Benedicta foi moi capaz
de dar as badaladas fin de ano
nesa mesma canle Galega.
Cousas de Bernabé Castedo
Eladio Bernabé Fernández Rodríguez: O cartel, no?, está en galego e castelá.
Benedicta Sánchez Vila: (Incomprensíbel) Estou eu co, co Goya.
Eladio Bernabé Fernández Rodríguez: Si. Si. Ves. O sea que si despois (...)
Benedicta Sánchez Vila: Bueno, pois eu declaro, vamos, como decir, é que se me pon aquí na garganta. Considero que un Goya son palabras maiores pero posiblemente por eu ser (con un) poeta que fala dunha, dunha planta pequininiña. (É) unha poesía mui bonita que dice que a terra sería máis pequininiña sin el, sin ela.
Antonio Reigosa: Xa, xa, xa.
Benedicta Sánchez Vila: I é mui bonito pero (...)
Antonio Reigosa: Non se acorda.
Benedicta Sánchez Vila: No se. A ver que (...) Non, quero, o que iba decir é que un Goya pois, mun/ mundialmente, que sei eu, internacionalmente pus é algo que non sei. Non. É como se a min me poñen aquí un montón de joias pa que as coloque, e non teño idea, non sei se é pa o pé, se é pa o dedo se é pa muñeca
(algo estrano) Ahora, o que asi mimei moito, moito foi a Medalla de Castelao. Eu, sinceramente, teño a Medalla de Castelao e todo. E vou pola calle da Reina, e xa o dixen e dígoo en público, vexo a figura alí de Castelao i eu teño que ir darlle un bico.
Non sei, é algo. Eu só me considero tan galega, tan galega (anque) o teño dito moitas veces que Galicia foi máis ben madrastra que (mae) pero non importa, eu son galega. E sinto como debaixo de min como se houbera un árbol de quilómetros de, de profundidá do tronco, galegos, galegos, galegos, galegos, galegos.
Amo a Galicia con locura a pesar de que sempre me sentín fóra de Galicia, pois, máis ás miñas anchas. Non sei por que. Non sei. En fin, é un pecado que teño!
Antonio Reigosa: Moitas grazas por ser como es.
Autor/a da transcrición: e~xenio