I entón a miña avoa contaba, vou ler o primeiro poema que fai referencia a un espacio do Corgo que me queda a menos de,e,e de cinco minutos a pé da miña casa que é Liñarlongo porque ela contaba (...) Liñarlongo foi un obradoiro de, de fouciños que iban para Castela i chegaban para saír dese, dese pequeno obradoiro de moas que están abandonadas, tamén un pouco que hai aí ese espazo material moi, moi valioso, no propio río Chamoso que se afiaban. Eran unhas moas de ferreiro que se afiaban i entón ela baixaba de Caxín a ese Liñarlongo a levar o xantar aos homes que eran seus irmáns que eran ferreiros, miña avoa apelídase Ferreiro, i era, i era o apelido tiña que ver coa orixe da, da profesión da familia, e ela falaba moito dese, dese baixar do monte e volver de noite (...) todo, todo iso que na miña infancia era como un conto; i entón, eu, cando o primeiro texto que escribo para falar desas infancias rurais quero dedicarllo a ela i con ela a todas as contadoras orais que mantiveron viva a tradición. Entón titúlase e,e,e Palabras de Pan. I esto sucedía, miña avoa, facíamos o pan na artesa i, i, i cando se estaba levedando ou estaba aínda roxándose o forno, ela falaba. Entón eu recordo sempre eso como, como o inicio dun conto, i entón titúlase Palabras de Pan, i, i, i vai dedicado pois, pois a ela. Non?
O tempo detense naquel día
en que sentamos na artesa
do forno da casa de Guillermo,
a miña casa.
Recende a madeira de carballo
que arde en linguas de lume.
Unha vasoira de xestas vizosas
cisca a cinsa esparexida
e as arañas tapizan o teito,
ese segundo ceo que de tan azul
se tornou negro.
Fiadeira Penélope
coa ira e tenrura
que aprendeu das devanceiras
cospe saliva e tece ao mesmo tempo
mentres a avou Anuncia
mete o pan no forno
cun himno de palabras de agradacemento
por ter pan que levar á boca.
Palabras que falan de nós,
de todas as que fomos,
as fiadoras das brañas de Liñarlongo,
as espigadoras dos trigais da Retorta,
as apañadoras de centeo das Míllaras,
as campesiñas da casa de Guillermo.
Mulleres de noso que falaron con palabras de pan,
esa mantenza do espíritu.
Autor/a da transcrición: e~xenio