Moitos parabéns porque eu cando vin o proxecto, pareceume fantástico e entón, pois, moitísimos parabéns e, e, e por todo esto que está aquí, que no noso concello ademais non o temos e somos veciños e sempre un imita un pouco ao que ten na casa i,i,i a ver (...) Miña avoa era de Caxín, da aldea de Caxín que aí no, no monte de Bidueiros que é fronteira co, co Corgo, e casou, que é fronteira con Castroverde, casou con un, e, e, e canteiro de Castroverde, da aldea de Gracián que é onde eu levo o nome, e meu pai naceu nesa, nesa aldea de Gracián, nesa casa feita polos canteiros, e casou cunha muller de Queizán que é O Corgo. Entón un día decíalle a, a Mario Outeiro media,a,a do meu ADN é do Corgo.
I entón eu, bueno, cando escribín este libro que é Paisaxes de pan, que acaba de saír esta segunda edición, que é da que me pedides que lea o,o,o texto por esta orixe que ten no Corgo pois hai un, claro, non tiñamos na miña infancia non había estes, estes estupendos puntos de lectura, i parabéns tamén ao Concello por facer esta marabilla (...) E,e,e un artista de Lugo que é Daniel Díaz Trido que me pediu que escribise palabras para falar da escola e falar das infancias rurais; i é como nace e,e,e Paisaxes de pan. Entón, eu, cando empecei a pensar por/ en, en ese primeiro contacto que necesita todo escritor para que dalgunha maneira desenvolva a súa capacidade da palabra, porque ao final os escritores escriben coa palabra, eu quixen homenaxear á miña avoa Anuncia que era esa persoa que estaría hoxe aquí, en vez de eu, si tuvese a opción de ter tido unha escola e de terse alfabetizado como tiven eu. Non? Ela era unha grandísima contadora oral, e eu medrei rodeada desas palabras que eu chamo "palabras de pan" porque era como si (...) Na nosa infancia non había tantos libros, a ver, había unha estantería que sería como esta no colexio, e logo con boa vontade, ás veces, chegaba algún libro pero non era este, este, estes rapaces que medran xa rodeados de libros pero si que rode/ viviamos rodeados de historias orais i eu sempre digo que debín de ser das últimas xeracións que escoitou os contos de lobos, que escoitou as historias de aparecidos; a muller da gadaña, que está aquí; o home do saco. Hai unha, unha,a,a esas, eses ditos que era:
Aí vai o gato no unto, pápao todo xunto.
Eu aínda medrei con esas adiviñas, con esas ladaíñas i con esa toda memoria oral, ese patrimonio inmaterial tan marabilloso que, que está deaparecendo.
Autor/a da transcrición: e~xenio