Bernardo Penabade: Son persoa aquí a que lle gusta documentar a palabra coa imaxe. Moitísimas grazas Lois Pérez polas túas palabras, unha Polafía é algo novedoso en Burela e esta non podería chegar con mellor motivo, a celebración da entrega do premio Mestras da Memoria.
Pretendemos que sexa un acto que combine o recreativo, o lúdico da música coa palabra de chamada a reflexión, que ben vedes que é moi necesaria.
A celebración deste encontro en Burela está precedida por outro acto que se fixo no salón de actos da Deputación de Lugo e é unha aposta pola cohesión social, unha sesión de sementeira e de atento cultivo, nos próximos meses, co obxectivo de poder recoller os frutos dentro dun tempo, sempre na auténtica sazón porque xa saben que se se collen os frutos antes de tempo a árbore seca.
Estamos aquí e agora nunha sesión de dinamización social promovida pola AELG e este auditorio acolle unha vez máis unha sesión fundamentalmente educativa.
Cohesionar é xuntar, reunir, mais non reunir de calquera maneira, coller unha mao así non é o mesmo que collela así, e incluso collela así non é o mesmo que collela así, isto é cohesionar, isto é dominar, isto é subordinar, subordinar non queremos, estamos aquí xustamente para unir.
Vénme agora a memoria un encontro que se produciu hai cuarenta e cinco anos aquí o ladiño na parroquia de Cangas, a señora Selmira recibía uns novos clientes, Antonina e Paulo, que rondaban daquela os vinte anos e acababan de casar, o encontro ficou gravado na mente de Antonina que o conta ao estilo mestra da memoria e aquel encontro foi unha mostra da máis absoluta candidez, unha mostra da inxenuidade, a inxenuidade dun, de tres persoas que descoñecían os vínculos históricos de máis de catro séculos entre os nosos respectivos pobos.
Pensabase que aquel era un encontro mais non era un encontro, era un reencontro coa historia, porque antes alguén desta terra, apelido Cao, apelido de aquí, foi primeiro a Cabo Verde, e a distancia de aquí a Cabo Verde é exactamente a mesma que de Cabo Verde aquí. Por iso aquel descoñecemento mutuo aquelas persoas comezaron a súa relación como se non compartisen nada e sentaron a base dun triste modelo que podíamos denominar o modelo “Buenos días”. Tanto Selmira como Antonina coñecían as palabras traballar e coñecían as dúas a palabra leite mais ningunha delas as pronunciou. Descoñecemento mutuo polo que temos que intervir para facer cohesión social.
Moito se leva andado desde aquel 1978 e como vedes graficamente moito falta por andar, por un lado e por outro, porque para cohesionar hai que moverse, hai que facer desprazamento e non hai cohesión se non hai desprazamento mutuo, se aqueles de alí non veñen p´aquí e estes de aquí non se aproximan po centro. Para conseguir a cohesión necesariamente temos que partir da existencia de pezas diferentes e necesariamente temos que ter paciencia para encaixalas, e os puzzles non se conxugan á bruta hai que buscarlles o xeitiño, doutra maneira rómpense os moldes e despois non encaixan ben.
É moi difícil conseguir traballar tanto e tan ben como levan feito moitas persoas, podería citar de memoria unha serie de nomes, aquí temos por exemplo a Inma, que leva moitos anos traballando en favor da cohesión social, pero María Xosé Andión, Karina Parga, María Xosé Pardiñas, traballan denodadamente desde hai anos mais iso non é suficiente, está ben orientado mais non é suficiente.
Case medio século despois o sistema reproduce case sistematicamente aquel encontro de Selmira e Antonina en Cangas coa mesma candidez mais non nunha taberna, reprodúceo nos centros de ensino. Mais agora hai un cambio, agora xa non soa tanto o clásico “Buenos días”, agora hai máis dinamismo os encontros comezan cun sorriso pola mañá e un “Muy buenas” mais ese muy buenas tal vez o que quere é acelerar o ritmo e que a tarde e máis a noite cheguen máis rápido.
1978-2022, cuarenta e catro anos, case medio século despois pódense pasar levantado demoradamente e con paixón un modelo de convivencia e en calquera momento coa maior das tranquilidades aparece calquera burócrata que o desactiva e que respira fondo e levanta a cabeza porque pensa que conseguiu un grandísima fazaña, non necesariamente o fai con mala fe, non necesariamente, o problema é que é a forza do sistema que se reproduce acriticamente e que tantísimo dano provoca.
E quen se atreva a denunciar isto en público xa sabe que se sitúa fóra da fotografía mais hai que facelo, hai que facer ese sacrificio. Hai que dar un paso o frente para buscar a cohesión porque amigas e amigos, calquera crianza ou adolescente que chega agora mesmo, hai uns días chegaron aínda dous novos e calquera que chegue agora mesmo está condenado a repetir como en eterno retorno o reencontro entre a taberneira de Cangas e aquela rapaciña negra que chegaba a terra extraña. En 2022 aínda continuamos ancorados en 1978, pouco importa que existan departamentos de orientación ou que se faga atención á diversidade, pouco importa que o Parlamento teña aprobado por unanimidade a Lei Paz Andrade, papel mollado. Por iso hai que seguir co mesmo empeño e hai que mimar as Marías Xosés e as Karinas e os Álex Ramos e hai que seguir reclamando a Medalla Castelao para as Batuko Tabanka, reivindicámola no seu momento e houbo persoas que tiñan que estar na primeira fila da reivindicación e situarónse detrás a ver se non había ruído, fixeron mal, por que? Porque nós puxemos a reivindicación enriba da mesa, servímosllo en bandexa a tódalas administracións e agora esas administracións non teñen a desculpa de que non sabían.
As cousiñas están claras, cada un asumiu a súa responsabilidade e a comisión cidadá que fixo esa proposta cumpriu. A resposta por agora xa a sabemos mais vamos continuar, continuamos hoxe con esta reivindicación e meses máis adiante faremos o mesmo porque os obxectivos hai que traballalos e loitalos para conseguilos.
Precisamente, por iso, queremos esa medalla porque queremos sementar máis Nilda Borges, máis Paulas Jorge, máis Ivandros. Ivandro é un artista extraordinario que veu para este pobo, que probablemente este agora no mar, pero é un artista xenial. Pois hai que sementar Ivandros, Artemisas, etc etc.
Por iso, querido Lois, por iso é tan importante este premio Mestras da Memoria concecido pola Asociación de Escritoras e Escritores, mulleres e homes de ben que destes un paso adiante que supón alento para vós, moitísimas grazas, para elas, as mestras da memoria, parabéns.
Querido Lois, pídoche que subas e fagas o honor de entregarlle a estas mulleres aquí e agora o diploma de Mestras da Memoria.
Vamos entón, vamos entón utilizar o sistema democrático, o sistema máis democrático, a orde alfabética, entón chamo orde alfabética, chamamos en primeiro lugar: Antonina.
Mentras chamamos a Antonina que se vaia preparando Belita (risas), e así que (aplausos).
Antonina: Moitísimas grazas
Bernardo Penabade: Así que recibamos, a ver ese aplauso pa Belita, (vaite poñendo pa alá)
Lois Pérez: Si, si
Bernardo Penabade: Entón vaille dicindo que se prepare a Chuca (aplausos), e detrás de Chuca Desideria, e despois de Desideria Fafá, e despois de Fafá Fica, non está?, e despois, a ver eses aplausos para Jennifer, agora temos a Mariasinha, Miriam, e tras Miriam Patricia (aplausos), e agora as fotografías de rigor.
Lois Pérez: E falta o diploma grande
Bernardo Penabade: Ah
Lois Pérez: Pero faltan Chuca e Fica que non subiron
Bernardo Penabade: Non, non subiron pero temos...
Lois Pérez: Es Chuca?
Chuca: Si
Lois Pérez: Parabéns
Bernardo Penabade: E agora as outras integrantes recollen, agora si que nos fai falta unha integrante forzuda
Lois Pérez: Aí está o de Fica. Parabéns.
Autor/a da transcrición: e~xenio