Lois Pérez: Eeee ben, moi boa tarde a todas e todos, chámome Lois Pérez e bueno veño dende Lugo, pertenzo a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega a súa sección de Literatura de Tradición Oral, onde somos varias persoas , un camiño que iniciaron hai xa tempo varias compañeiras e compañeiros, especialmente o compañeiro Antonio Reigosa e outro compañeiro xa finado o poeta lucense Isidro Novo.
E hoxe é un motivo de ledicia e de moito contento estar aquí en Burela con todas e con todos vós, tiñamos moita gana de vir a facer esta polafía, que é unha actividade que a AELG e as miñas compañeiras e compañeiro, sobre todo Antonio e Isidro, levan desenvolto ao longo dos anos por todo o país, desde o Baixo Miño ata a Mariña lucense á costa de Coruña o interior de Lugo, por todas partes, recollendo, rexistrando as diversas manifestacións da nosa tradición oral, da nosa literatura de tradición oral, eso que se deu en chamar o Patrimonio Inmaterial, verdade? Ten que ver co recordo, coa memoria e tamén coas costumes e coa nosa esencia de pobo. E nese contexto estamos hoxe aquí pero ademais estamos cun motivo moi concreto que nos honra polo que estamos moi agradecidos, que é o de homenaxear as compañeiras, a tódalas mulleres de Batuko Tabanka. O ano pasado, en outubro de 2020, o grupo de tradición oral da sección da AELG composto por: Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas, Calros Solla, Xurxo Souto, Xosé Manuel Varela, Antonio Reigosa e eu mesmo, propuxémoslle en marzo ao consello directivo da AELG darlle o premio de Mestras da Memoria 2020 as Batuko Tabanka, o consello directivo deliberou e así o decidiu, mericídismo, xulgouno, por suposto. E en outubro tivo lugar un acto de entrega, que polo contexto sanitario que había en aquel entón, pois foi algo, resultou algo frío, como non podía ser doutro xeito, porque as circunstancias non permitiían que fose mellor do que foi. Si presentíamos nos ollos de todas elas, nas súas miradas, sorrisos que só podíamos intuír a través da máscara, intuíamos ese entroido de tambores, non? Das Batuko pero non puidemos gozalo. E aquel día adquirimos o compromiso de que en canto a situación mellorase un chisco virmos a Burela e poder facer un acto en condicións que fixese xustiza a súa arte e a súa traxectoria e non só porque tamén constitúen un exemplo singular non só elas senón Burela no seu conxunto de integración dos distintos colectivos dentro da comunidade con todas as problemáticas e as cuestións que tamén hai nun proceso arduo e sostido ao longo dos anos.
Por tanto estamos aquí para celebralas áss Batuko Tabanka, para homenaxealas e antes de pasar o centro do homenaxe, xa vos deixo de dar este latinorio, quixera agradecerllo unha por unha a todas as persoas, agardo non esquecer a ninguén, que nos axudaron a levar este acto adiante desinteresadamente e con boísima vontade, sen as cales sería imposible telo organizado, por iso quixera agradecerlle ao compañeiro Bernardo Penabade a súa disposición, quixera agradecerlle a Manolo Maseda e os compañeiros de música del, a súa disposición, o bo talante pra todo, a xenerosidade, a Antonina e a todas as compañeiras das Batuko Tabanka, aos rapaces que vamos a poder gozar hoxe aquí e dámoslle a benvida, benvidos, boa tarde, e tamén o Concello de Burela por facilitarnos a organización desta Polafía e tamén os acordeonistas da Mariña que van intervir tamén e farán un par de pezas. Ademais da Banda Krioula que tamén estará con Maseda e compañía o final.
Mirade se algún día a nosa lingua, a nosa cultura, o noso país, acade o lugar que merece será polo traballo e polo labor de moita xente anónima pero dende logo tamén o, será pola aportación de todas e cada un de vós, así que moitísimas grazas e benvidas e benvidos.
E agora despois desta intervención un pouco demorada quixera cederlle a palabra e pedir un aplauso pra Bernardo Penabade que nos acompaña esta tarde e a quen lle pido que se achegue aquí.
Autor/a da transcrición: e~xenio