Atención pido señores,
para explicar esta plana
les voy a explicar la historia
de la yegua asesinada
Un sábado por la tarde,
salieron tres de Degrada
dirección Cabana Vella
con ganas de carnizada
Ao chegaren á Fiosa,
a bestia sentiu pisadas
e levantou a cabeza
por si eran os de Degrada
Eles que a comprenderon
dixeron: Tate tranquila,
non che hemos de facer nada,
farémosche unha caricia
A bestia lles respondeu:
Non traeis boa intención,
pois tedes mui mala cara
pe[ro] teréis bon corazón
Entonces, dice o Gallardo:
Desta non te has de escapar
que teño falta de carne
pra acabar de gadañar
E dícille o Parrolo:
Non teñas malas entrañas,
deixa siquiera que viva
hasta pasar as castañas
Pero o gallardo que tiña
metido na súa cabeza
pra poder facer o vrau
facer chourizos de bestia
Foi e tiroulle o machado,
rompeullo o serrón do lombo,
entonces, dícelle a bestia:
Eres máis malo que o lobo!
Formouse un tribunal
de repartiren a bestia
pero dixo o gallardo
que a quería pre el toda
Eiquí termina a historia
da bestia asesinada,
non queremos nada dela
deixámola aos de Degrada
Autor/a da transcrición: e~xenio