María Fátima Brazão Cabrera (...) Si. Nacín en Cabo Verde en ano 1968 di,i,i Praia San, bueno, nacín en San Domingo pero,o,o San Domingos pero capital é Praia. Eu vin p'aquí no,o,o 88 porque es/ tiña o meu mozo aquí porque estábamos en Portugal. El veu p'aquí porque en Portugal non había moito traballo, entonces tiña aquí un primo, díxolle que aquí que había traballo no mar, entonce el veu aquí traballar no mar. Estuvo aquí un ano, depois foi aló, e viñemos. Estivemos vivindo en Marzán seis ano, despois viñemos pa Burela. Aquí, ao principio, ao ter os pícaros pequenos, meu home iba pa o mar, tampouco non se traballaba así tanto pero despós, xa cando, xa os pícaros eran un pouco más grandes que iban á escuela, ao millor iban pola mañán hasta pola tarde (de estar aí) despós empecei a buscar traballo (incomprensíbel) facer algunhas horas; despós cando saleu eso de,e,e (...) tuven na Diputación tamén un mes e pico, eso de chapapote; despós, xa, estuven na casa porque non había moito tampouco (...) despós fun aos cursillos que había porque había moitos cursillo, fun a varios. Despós fixen de axuda a domicilio i ahora estou traballando en eso, xa levo cinco anos así fixa na empresa, traballando de axuda a domicilio.
Autor/a da transcrición: e~xenio