Estamos aquí xa,a,a próximos ás festas do Nadal, pois bueno, vou e,e,e contar algunhas da,a,as tradiciós que xurdiron aquí na comarca ao seu redor, no? E,e,e coñecido é en moitas pastes, en moitas partes de Galicia o que é o Tizón de Nadal, non? e Cotarelo, no seu traballo A Noiteboa na aldea, descríbeo deste xeito: "Sabido é que para os nosos aldeáns este elemento de vida e gran purificador, o lume, é un ser vivinte, por iso din mata o lume cando mandan apagalo, e morreu o lume para sinalar que se apagou. Ninguén se atreve a cuspir nel por telo como pecado, dado que o lume saíu pola boca dun anxo. O lume novo acéndese a véspera de Nadal. Várrese con moito coidado o lar e ponse nel un gran toro de madeira, ao que se lle prende lume, pois ha de traer sorte para a facenda e para os donos. O tizón, dito tizón ten un carácter sagrado, de tal sorte que o resto que queda consérvase relixiosamente para facelo arder no lume cando ameaza unha gran calamidade, pedriza (ou) importante tempestade". Esta tradición inda pervive na comarca dos Ancares. Localizamos varias aldeas que inda o practica.
Por Noiteboa estaba estendido o costume de que os mozos percorreran as casas da veciñanza cantando panxoliñas acompañados dun gueiteiro, obtendo a cambio donativos que utilizaban para celebrar festa e baile.
Na noite do,o,o derradeiro día do ano está cargada de misterio xa que se xuntan a despedida do ano e a benvida do novo. É un tempo de transición na que se desatan as forzas ocultas e por iso se lle vencedan, se lle vencellan ritos e poderes máxicos. En moitas partes de Galicia queimaban o Ano Vello simbolizado nun boneco de palla vestido con roupa usada, no? que se queimaba cara a medianoite, un xeito de botar fóra do seu mundo todo o vello. Segundo e,e,e conta Taboada Chivite en Ritos galegos de Nadal, en Becerreá os mozos dunha parroquia acostumaban levar a outra veciña un boneco de palla que representaba o Ano Vello. A falca/ a falcatruada acostumábase tomar como un grave aldraxe, e os aldraxados reaccionaban, ás veces, de maneira violenta, que remataba en liorta, claro! Nalgunhas partes colgábanno, en sinal de burla, no tellado para mofa do pobo. Ese ou outro boneco que representaba o Ano Vello, queimábase despois publicamente entre o baru/ entre o barullo e o rebumbio xeral. Era un sacrificio, segundo Nieves del Hoyo, de belísima tradición, que substituía aos animais ofrendados na fase pastoril e cazadora, e pas/ e posterior ofrecemento ao deus da vexetación. En Becerreá, aínda hai unha rúa que leva o nome de,e,e de Ano Vello. Permitídeme, no? (...) E,e,e exactamente. E,e,e permitídeme eu que son, índa que bueno, xa levo muitos anos aquí, non? e,e,e de Ourense, e alí nunha parroquia, en Seixalbo, unha parroquia do concello de Ourense, estes bonecos, eh! chámanse o Nicanor i a Paquita.
No derradeiro día do ano, en Becerreá facíase o rito de coutar o ano. O patriarca da casa recitaba dende a porta unha fórmula coa familia para espa/ para espaventar os males que puidesen vir co Ano Novo.
Enchegado o primeiro día do ano, en Murias de Rao, en Navia de Suarna, de Suarna, tíñase o costume de saír as máscaras anunciando o novo, o novo tempo que viña, xa, co próximo Entroido.
I arredor, arredor da festividade de Reis, nos concellos de Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro formábanse mascaradas, compostas sempre por homes, que percorrían un amplo territorio. Visitaban distintas aldeas e re/ e recadaban donativos cos que celebrar a festividade do patrón. Entoaban distintos cantares, encomezando sempre con estrofas de "pidir licenza" para actuar. Estas mascaradas desapareceron na actualidade, fíxase a súa decadencia xa na posguerra.
Autor/a da transcrición: e~xenio