Unha noite, cando un veciño de Estremar pasaba xunto o antigo cementerio que estaba xunto a igrexa, o actual foi trasladado hai poucos anos, escoitou uns estranos ruídos como o que fan as tablas ao descravalas. Cheo de pánico, correu como o vento que leva o demo ata a súa casa, atrancando a porta con sete trancas. Ao día seguinte contoulle o caso a un veciño. Esa noite baixaron os dous ata o cementerio, e, en efecto, aquel ruído era real. Camiñaron amodiño, a curiosidade podíalles máis (có) medo. Amparados, apampados quedaron cando no burato viron ao Charro do Chao (...) descravando un cadaleito. -Pero que fas tolambrán? (beláronlle). -E logo non vedes! Os ósos non as precisan, e as táboas máis falla me fan a min para pechar o cortello.
Autor/a da transcrición: e~xenio