No cemiterio de Dorna, e,e,e no concello de Cervantes, está a igrexa parroquial de Santa María, e que se atopa solitaria, encaixada alí no,o,o e,e,e nun pequeno val a carón do río Quindous. Eiquí tivo, tiveron granxa e priorado os monxes do Císter que proviñan de Carracedo do Bierzo, citándose en cartularios dende o ano 1200, sempre co nome actual, Dorna. No Arquivo Histórico Provincial de Lugo figuran vendas da desamorti/ da desamortización do cenobio no ano 1836. Na actualidade non se conservan restas, restos do primitivo mosteiro. Dise que estivo habitado polos templarios. Os monxes-guerreiros era (...) eran os encargados de enterrar no cimenterio os mortos da parroquia, non permitindo a xeren/ a inxerencia de cregos alleos á súa orden.
Cóntase que, que cando aínda existía o mosteiro, un frade, para purgar os seus pecados, fui desterrado eiquí polo abade de Carracedo. Asegúrase que o motivo debérase a que o monxe era moi dado aos esconxuros. Mal sería, matinou o abade, que (naqueles) recóndido, recóndito sitio non se lle curaran semellantes teimas. Levaba o monxe pouco tempo en Dorna cando os veciños de Ardevila e Folgueiroa viron como cada día, pola mañá, aparecían varios buratos escava/ escavados en prados e leiras. Para dar co causante, unha noite esperaron agochados dous veciños. E así foi, pasada a medianoite viron como unha figura inteira, inteiramente vestida da cabeza aos pés cun hábito negro se poñía a cavar. Armados con paus, abalan/ abalanzáronse sobre o intruso. Cal foi a súa sorpresa cando, ao sacarlle a carapucha, viron que era o freire. Este contoulles que andaba a buscar os tesouros que había esparexidos pola parroquia e que lera nun vello libro. Os veciños ríronse pero, para demostrarlle que no eran, que non era un conto, levounos ata unha sepultura do cemiterio, moveu a tampa e alí estaba o ouro que acumulara en pouco tempo. Entón chegaron a un trato: todo o que atoparan d'alí en diante repartiríase entre os tres. Dise que os dous veciños asiña, axiña se converteron nos máis ricos da contorna.
Autor/a da transcrición: e~xenio