Tamén, mesmo en Vilaicente, no muro que pecha o adro-cemiterio pola parte dianteira, xusto en fronte da entrada principal da igrexa, hai unha lápida de mármore branca, foi feita en Lugo por un tal e,e,e V. Reija, que pon: "ROGAD A DIOS POR D. JOSÉ Mª CHAVARRIA GONZÁLEZ PÁRROCO DE ESTA PARROQUIA QUE FALLECIÓ EL 4 NOVIEMBRE DE 1923 A LOS 58 AÑOS. D.E.P.". Un pouco máis arriba, á esquerda da lápida, hai unha ferradura que, se di, foi mandada colocar poro cura, polo cura no ano 1908 ou 1909 para ata-lo seu cabalo. Pero, ao pouco de chegar á parroquia, don José María atopou debaixo do altar unha saca con 15.000 pesetas, un tesouro, marmurara. Unha freguesa que nese momento estaba e,e,e canda el díxolle que eses cartos viñan ben para a aldea, ao que o cura lle respondeu que eran cartos de Deus. Sempre houbo certidume de que o cura tivo un fillo que foi estudar para o Seminario de Lugo. Unha vez alguén lle botou en cara ao mozo que era fillo do párroco, a co este, ao que este lle respondeu: "Do párroco e de 15.000 pesetas".
O cura don Mario, natural de Rodeiro, na provincia de Pontevedra, chegou ao concello das Nogais no ano 1953 para facerse cargo das parroquias de Quintá de Cancelada, aquí en Becerreá, e de Vilaicente, destino que ocupou até o ano 1956. Afecto ao Glorioso Movimiento Nacional, a súa sona de teso coma un pau e botado para adiante precedíao, tanto era así que aos poucos días de chegar unha viciña pedíulle que despois da misa do domingo lles permitira aos da súa casa ir sega-lo trigo para non perder a colleita xa que estaba moi maduro, eh! e amezaba, e ameazaba treboada, inda por riba. Acedeu de non moi bo grado, mais advertindo que se os autorizaba a traballar un día adicado a santifica-las festas, era porque todos os da familia asistiran á misa da mañá, ande mal, recalcou, non todos comulgaran. A muller, despois de agradecerllo, díxolle que, para evitar problemas, ía achegarse ata o cuarteliño da Garda Civil para comunicarlles que (contaban) co permiso do párroco. Don Mario, todo alporizado, contestoulle que quen mandaba alí era el, e se tiñan algún problema cos gardas por velos traballar en domingo lles dixeran que tiñan o seu permiso, e punto.
Pero o que máis chamou a atención dos fregue/ (...) dos parroquianos, xa dende o primeiro día, foi un gran vulto na cadeira dereita que don Mario (...) de don Mario que e,e,e nin a sotana podía disimular. O misterio axiña quedou ao descuberto. Un día os asistentes á misa en Vilaicente escoitaron un ruído, como de algo que caera ao chan. O ruído, ninguén o dubidou, viña debaixo da roupa talar do sacerdote quen, con calma, agachouse e recoller a cou/ e recolleu a cousa obxeto do estrondo. Nin daba, ninguén daba creto ao ver como don Mario pousaba un enorme pistolón, negro coma os ventos, como os dentes do demo, sobre o altar, a carón do sagrado cáliz, levantaba a sotana e metía a arma na cartucheira de coiro que levaba ao cinto.
O mesmo suceso aconteceu uns días despois na igrexa de Quintá polo que todos se decataron de que non fora un simple accidente, don Mario, con aquilo, enviaba unha mensaxe clara, un aviso a navegantes.
Autor/a da transcrición: e~xenio