Bueno, ao longo de,e,e dos anos, desde que,e,e fixemos o colectivo, non? pois bueno, recollimos moitas historias, non? Entre outros, pois, algunhas relacionadas ou que sempre teñen como o centro o que son ceminterios, non? Vou e,e,e narrar algunha delas.
No cemiterio de Vilaicente nas Nogais, hai un sepulcro en cuyo lateral lese: "PROPIEDAD DEL SR. D. LUIS BECERRA CHAO. CABALLERO DE LA ORDEN DE YSABEL LA CATÓLICA. FALLECIDO DE 86 AÑOS 1900".
Luis Antonio naceu en Vile/ en Vilaicente, alá polo ano 1815. Con vinte e un anos alistouse nunha compañía de voluntarios formada nos, nas Nogais para loitar contra os carlistas, actuando durante anos en Xubín, Cenlle, onde fixo a (...) Xubín, Cenlle é un concello da,a,a da provincia de Ourense, onde fixo amizade co médico da zona. Falecido este, contraeu matrimonio coa súa viúva con quen voltou para Vilaicente. Á morte da esposa, volveu casar. De ningún dos matrimonios tivo descendencia.
Sería por influencia do médico polo que a Luis Antonio dábaselle ben a medicina, preparando apócemas que logo vendía, ademais de practicar como dentista. Foi desta última profesión de onde lle veu a sona, cando o día 14 de setembro de 1858 lle estraeu unha moa á mesma raíña Isabel II no mesón Herbón das Nogais, feito que lle valeu ser decorado coa Cruz de la Orden de Isabel la Católica e seren nome/ nomeado como Caballero Cubierto, prerrogativa que lle outorgaba a graza de non descubrirse diante dos reis.
Cóntase que el mesmo mandou facer o seu propio ataúde, que logo regalaba aos veciños que o precisaban, e así unha e outra vez. Deixou escrito que unha vez falecido, mentras estivese de corpo presente, a campá da igrexa tocase todo o tempo a defunto para que fose escoitada polas persoas que pasaban polo Camiño Real. Asegúrase tamén que foi alcalde das Nogais, si ben é un dato que non está contrastado.
No museo de Lugo consérvase o retrato e,e,e de autor descoñecido onde aparece a seguinte inscrición: "El facultatibo D. Luis Antonio Becerra y Chao, Caballero de la Orden Americana". Na comarca é coñecido como O Curandeiro de Vilaicente.
Autor/a da transcrición: e~xenio