Buenas tardes, eu era que alí na poza da moura, alí xunta, xunto o río de Gafos pa diante, pos dicían que había no medio, no salgheiral que hai alí que había unha charca, eu non a vin porque alí nadie foi. Pero entonces dicían miña abuela e alí que llo contaban que unha vez pasou un señor cun carro de bois, de vacas e saliulle unha chica, d'alí do fondo daquela charca e díxolle: mira, ti levas esa vaca e esa vaca está preñada. Está preñada? Está. Bueno, pois mira, si che ten unha becerra vés e bótasma aquí ao fondo do couso e dixo el, bueno, pero tróuxolle un becerro e unha becerra. E o home: eu como lle vou levar a becerra alí pa o fondo que a min a becerra dáme moitos cartos. Levoulle o boi, o becerro. E cheghou, botoullo ao fondo e cando foi a subir, subiu ao becerro e díxolle: mire, usté enghañouse, eu díxenlle que botara a becerra, si sale becerra salía cunha ghrade de ouro, pero así saliu coa de ferro. E ghracias sacarlla porque non sei, porque a min usté non me levantou o castigho e eu quedo aquí dentro da charca todo o día / todo o tempo. E esa é a historia da moura.
- Esta moura?
- Esa moura, eso foi o que miña nai me contaba das abuelas e todo eso que eu non sei se hai outro máis.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro