Ahora vou e,e,e recoller algo, tamén, de Álvaro Cunqueiro que tamén falou d'aquí,í,í dalgunha feira d'aquí da,a,a da comarca.
Cunqueiro, na seu xenial Escola de Menciñeiros, narra a historia dun tal Xil que era xastre, pero tamén curandeiro, e,e,e "xastre de enfermos", chamaba,a,a Cunqueiro. Ía ver a un e dicíalle á familia que nada había que facer, que o enfermo íase, e preguntaba se tiña traxe novo; se non o tiña, Xil ía a Lugo, Vilalba ou Mondoñedo, mercaba un corte tirando a escuro, e facía e,e,e facía o,o,o, o traxe, no? que se poría o enfermo cando chegase a defunto. Era habitual, no? que aos mortos, pois, se lle fixera moitos, moitas veces un traxe novo ou incluso utilizaban o que tiñan para ir ás festas ou mesmo o da voda. Un tal Moure, de Navia de Suarna, ao que segundo Xil as súas grandes orellas lle viñan dun susto que lle dera un lobo cando era neno, curou cuando xa estaba despachado de todo, é dicir, cando ía morrer. E entón gastou o traxe que lle fixera Xil, e as xentes, nas feiras da Proba de Navia, pedíanlle permiso para tocarlle a chaqueta porque iso lles daba sorte.
Na feira de Vilanova do Pedregal, en Cervantes, había un letreiro na porta do estanco que dicía: "Consulta de médico martes, venres e días de feira", actividade que compartía cos curandeiros que soían ter máis pacientes có propio médico.
Ademais dos curandeiros, ás feiras tamén acudían fotógrafos ambulantes, botadoras de carta, de cartas, adiviños e outras persoas que mostraban distintas habilidades para gañar algús cartos. Á feira da Proba de Navia adoitaban acudir un cego delgadiño e a súa muller, que ao contrario que o seu home era moi gorda. Eran d'Ourense e cantaban coplas. Unha das coplas de cego chamaba a atención porque falaba de que tres mulleres de Burón, na Fonsagrada, caparan un mozo porque violara a unha delas. Ao rematar coas coplas, o cego e a muller ían á taberna de Pardo e ela subíase a unha báscula, e os clientes, entre chanqueiro e chanqueiro, apostaban pra adiviñar canto pesaba. Triste pero certo.
O que, o que se comentaba antes, non? de, do que era isto da,a,a da, bueno, do machismo, no? témolo claro, no? que inda estaba moi presente que esto, esto fai,i,i cincuenta anos, eh!? non, non hai máis.
Autor/a da transcrición: e~xenio