Aquí en Melide, había unha fábrica de suela, unha fábrica de suela aí (...) no río Furelo, había unha fábrica que era da millor suela que había en Galicia, da millor, porque eso botaba, botaba o,o,o o,o,o a,a,a a peza da vaca, a piel da vaca botaba seis meses nos píos, seis meses curtindo, e eso, despós, eso cando, cando sacaban dos píos, empezaban a,a,a a,a,a a limpia-la piel e eso despós tiña u,u,un un espesor enorme, e eso, eso non, non se daba gastao; eso despós metíallo, eso pa cortar eso, había que,e,e había que facer unha forza,a,a terrible; e eso metíasllo ao zapato de suela eso non se daba gastao, eh! Era máis duro co, cá goma, a suela esa. Eso era unha suela mui boa, a suela de Furelo. Despós o becerro e todo eso, no, eso viña de Noia (...) En Noia. En Noia era donde nós comprábamos o becerro pa face-los zocos e malos zapatos. Tamén en Orense, pero nós surtíamos de Noia. Noia, había mui bo, mui bon, mui bo, mui bo material.
Melide foi un pobo, e quero facer reseña en eso, sobre Melide, porque foi un pobo, posiblemente de Galiza, posiblemente (...) Dáte conta que aquí en Melide xa había e,e,e cen comercios entre zapateiros, zoqueiros, sastres, e,e,e tendeiros (...) O 80% iban á feira, eh! O 80% iban á feira e iban á feira vende-lo seu produto. E os, os, os fabricantes de Melide tanto de, de, de sastres como de zapateiros tiñan moita sona, moita sona. E estouche falando de pobos que, claro, eran pobos pero non tiñan o, o, o que tiña Melide. Estouche falando de pobos importantes como pode ser Arzúa, Curtis, Boimorto, Sobrado, Friol, Chantada, Lalín, Agolada, Rodeiro, Palas, Guntín, Fri/ e,e,e que máis? E,e,e nós, nós temos chegado a Santa Comba, e,e,e a Bouxa que é unha, A Bouxa é no Reino, no Reino, no sitio de,e,e cerca de Lalín, depois de Lalín, o Reino, que lle chamaban A Bouxa. Lousadela que era unha que era no monte, outra tíñamos, outra feira no monte, aí, cerca de,e,e cerca das minas de Touro que lle chamaban Santa Irene, era unha, unha feira mui boa que era no monte, era un/ era unha carballeira, e nunha carballeria pa o lado estaba o gado, e noutra carballeira, que pasaba unha carretera polo medio, na outra carballeira estábamos os tendeiros.
Pero Melide sempre levou os seus produtos e sempre tuvo clientela nas feiras, hasta o ano 90-95 o pobo de Melide anduvo nas feiras. E dígoche esto porque despois a xente viña aos mercados, porque o mercado era os domingos. E Melide sigueu, aínda hoxe, inda ao día de hoxe, o que queira mercar en Melide pode vir os domingos porque está aberta (incomprensíbel). Melide foi un pobo mui esclavo e traballador. E dígoo con honra porque hai mui poucos pobos na Galiza, mui poucos, que se dediquen a estar os domingos abertos, e Melide está. O sea que poden vir a Melide e comer un bo pulpo porque tamén os pulpeiros de Melide, tamén, iban á feira, e os panadeiros. Bon pan de Melide! Tamén ch'iban, tamén ch'iban andar co, cos cabalos, e iban cos cabalos leva-lo pan ás aldeas (...) Moitos, aquí de Melide, panadeiros, panadeiros igual había unhos quince, eh! Ollo! Os quince, vender, despois fornos había sete ou oito pero vendendo pan había quince panadeiros que iban (todos) polas aldeas, xa daquela, non seus cabalos vendendo.
Autor/a da transcrición: e~xenio