Ana María Pérez Vázquez (Anamar Pérez)
Caracas, Venezuela, 22 de marzo de 1975. Filla de emigrantes galegos da posguerra española, estudou xornalismo e dereito neste país suramericano. No ano 2008 emigrou a España debido á situación política do país e decide radicarse en Galicia, pois desde pequena estivo en contacto coa cultura dos seus pais. Desde o 2012 vive en Melide, A Coruña, onde puido coñecer de preto os relatos históricos, costumes e a crónica desa localidade. Ao coñecer por casualidade a historia do sacerdote melidao Ricardo Sánchez Varela (Roade 1874, Pontedeume 1964) atopou o tema para escribir a súa primeira novela titulada Más allá de nosotros.
Más allá de nosotros é unha novela histórica baseada na vida do sacerdote Ricardo Sánchez Varela (Roade, 1874, Pontedeume, 1964). O protagonista está considerado como o primeiro investigador formal de feitos sobrenaturais e diabólicos de España, pois percorreu Galicia para estudar estes fenómenos durante o primeiro terzo do século XX. O resultado das investigacións de Ricardo Sánchez foron recompiladas nun polémico libro de 1925 titulado Eva y María: fenómenos diabólicos y milagros que demostran el cumprimento de la promesa hecha en el paraíso. Español e galego altérnanse ao longo da obra para mergullar ao lector na aventura do peculiar cura no seu periplo pola Galicia do século pasado. O resultado é moito máis que unha novela que trata sobre o paranormal, a obra é unha completa biografía e unha panorámica da realidade galega no momento histórico que abarca. Ao longo das súas páxinas a realidade e a ficción mestúranse de forma que é difícil decidir onde acaba un e empeza o outro.