Xurxo Broz Rodríguez: E nese sentido (...) a,a,a a resposta da túa pregunta, eso (moitas veces) vén acompañado de visitas guiadas. Veñen escolares, veñen grupos de xubilados, veñen grupos contratados e veñen a visitar o museo e neses casos esas visitas sempren vai acompañada dunha visita guiada, pero non se lle esplica tanto o que é o obxeto en si porque calquer persoa pode entender o que é un martelo, ou calquera persoa pode entender o que é un atafal, (outra) persoa pode entender o que é un, un, un cabaceiro, ou calquer persoa pode entender o que é un tear ou un sarillo. (Máis ou menos), calquer persoa que teña unha idade determinada xa sabe o que son esos obxetos. O que se trata, o que se trata é de esplicarlle á,á,á aos visitantes, é, esa sociedade como vivía, os fabricantes deses tipo de obxetos ou, ou as persoas que utilizaban ese, ese tipo de, de obxetos que están espostos; no que pensaban e os saberes que acumulaban e atesouraban; saberes que foron legados a,a,a ás xeracións vindeiras pero, por desgracia, e aí entra o papel de Galicia Encantada, a sociedade que temos actualmente, índa que ten outras vantaxes e,e,e está,á,á nun proceso de,e,e irreversible de perda da memoria cultural. Eso é o que nós pensamos. Entón, que pasa? A nive,e,el auténtico de cuestións, a nivel sociais, a nivel de igualdade, e todo eso, oviamente o cambio pois é,é,é moi positivo, moi positivo, moi favorable, e a millorar co tempo e cos anos, oviamente é así. Pero en canto á,á,á á,á,á valorización das humanidades, ao noso entender, das humanidades e do mundo da,a,as das disciplinas (ligadas) cas humanidades, a historia, a arte, a literatura, a filosofía, so,o,on, seguro que hoxe en día están minusvaloradas, ao noso entender, e,e,e están, tamén está,á,á e si eso está minusvalorado, máis aínda o está o,o,o o saber tradicional, o saber do pobo. E, hoxe en día, pois hai unha perda importante da, da memoria, entendemos que hai unha grande, grande desmemoria. E,e,e creemos, consideramos que grazas a que hai moito traballo feito anteriormente como falaba antes do Seminario de Estudos Galegos pero, aída así, creo que nós somos os responsables, non, non digo nós me refiro ao museo, (incomprensíbel) a sociedade, a sociedade do momento, somos responsable de evitar a desmemoria. Entón, consideramos que todo o que se poida ir atesourando, ir acaudalando, ir recompilando do saber do tradicional, pois é elemental porque eso é unha cousa que se perde. Un, un obxeto en si, (incomprensíbel) o que espuxen antes, u,u,un calquer obxeto do mundo mariñeiro, do mundo labrego ou tal, pois pode ter (...) un nivel de conservación moito más amplo que pode ter a, a lingua, ou que poden ter as tradiciós (...) da cultura galega. Entón, consideramos que máis que recuperar o obxeto en si, hai que recuperar esa memoria, esa memoria do, do pobo.
I o que preguntabas, Antonio, eu entendo que e,e,e non se pode,e,e ter un museo, un museo de temática,a,a histórica, de,e,e neste caso, que conta de, con fondos arqueolóxicos, fondos etnográficos pero, fundamentalmente, no que atinxe aos etnográficos, non se pode ter o obxeto en si sin ir acompañado (incomprensíbel) inseparablemente de,e,e do saber desa sociedade que, que mate/ materializou ese tipo de obxetos. Entón, pois si, non se pode perder a memoria, e gracias, xa me estou enrollando, xa o sei, pero gracias a,a,a plataformas dixitais que para nós (...) é a definición propia, unha enciclopedia virtual de Galicia Encantada, é a maneira de que (...) calquera persoa de Galicia que, que coñeza algo desa tradición oral é unha especie de peto, unha especie de,e,e de caixa, unha especie d'aforros na que cada un vai metendo a súa moeda para ir enchendo ese peto, ese porquiño, ese porquiño de barro, ou ese, ese e,e,e obxeto calquera, ou esa furna de aforro, vas metendo a túa moeda, e con esa moeda imos enchendo todos o,o, oo peto, (depende) do noso aforro, o aforro da nosa memoria. Entón que creo, consideramos que,e,e que é fundamental. Fundamental, e estamos xa no,o,o casi, por así decilo, é un pouco,o,o luctuoso, un pouco,o,o doloso, pero creo que estamos xa nos estertores da memoria. Da memoria, a nivel da de tradición oral, do que se coñece do,o,o das sociedades dos nosos avós. Eu creo que é o momento de,e,e de intentar revertir esa situación, e que todo o que se coñece a nivel oral da, da tradición, ben sexa cantigas, ben sexa cantares de cego, ben sexa,a,a cantos de Reis, ben sexa,a,a (...) Como se chama este? O,o,o (...) E,e,e os retrouxos, o,o,os e,e,e (...)
Antonio Reigosa: Regueifas (...)
Xurxo Broz Rodríguez: As regueifas, as regueifas, perdón! As regueifas e todo eso, pois e o saber dos contos, os contos da,a,a da lareira pois é o momento de ilos, d'ilos recompilando porque se vai a perder.
Autor/a da transcrición: e~xenio