
Xurxo Broz Rodríguez
Naceu en Melide no ano 1972. Arqueólogo de profesión e vocación no que leva 30 anos traballando. Xa de novo participou nas campañas de escavación do Castro da Graña e na súa vida profesional leva efectuado innumerables traballos no eido da arqueoloxía participando en numerosas escavacións arqueolóxicas ó longo de toda a xeografía galega. Apaixonado da cultura e da defensa do patrimonio, traballa incansablemente pola protección e difusión dos bens culturais da comarca.
Forma parte do Museo da Terra de Melide como colaborador e dinamizador cultural, propoñendo, programando e deseñando actividades culturais, nas que tamén participa de xeito activo.
Entusiasta da natureza e do patrimonio forma parte de varios proxectos culturais e de valorización do patrimonio tanto material como inmaterial. Defínese a si mesmo como melidao por riba de todo.
Museo Terra de Melide
Nace no ano 1978 por iniciativa dun grupo de amigos entusiastas do patrimonio. As súas primeiras mostras de exposición foron sobre arqueoloxía da comarca, para posteriormente ampliar os fondos á etnografía.
Dende a súa fundación, os principios do Museo da Terra de Melide son a protección, difusión e posta en valor do patrimonio comarcal para crear un sentimento de arraigo e cariño polo propio.
Os membros fundadores seguen fondamente vinculados á institución, que agora se rexe por uns estatutos.
A sede do Museo pasou por diferentes localizacións, ata que no ano 2001, se inaugurou o actual edificio no antigo Hospital de peregrinos de Melide, sendo esta sede propiedade da institución, e mercada mediante subscrición popular na que practicamente todo o pobo contribuíu a súa compra. Pódese dicir polo tanto, que o Museo é propiedade do pobo.
Segue a traballar incansablemente despois de 42 anos, na difusión, coidado, posta en valor, protección e defensa do patrimonio histórico e tamén natural da comarca, abrindo a man á difusión do patrimonio das bisbarras veciñas.
Desde o ano 2014, tivemos coñecemento dunha páxina web, unha enciclopedia,a,a virtual da,a,a da fantasía e da tradición oral do pobo galego. E coñecímola pois a nivel de xeito particular, de xeito individual, eso foi no ano 2014. Ao ano seguinte, pois, bueno, (recoñecímola) basicamente, porque para nós era un, un medio de consultar paralelismos de temas que estábamos investigando aquí, a nivel zonal, a nivel comarcal, e usamos esta (polación) deses coñecementos a nivel e,e,e galego, porque claro todos beben da misma,a,a da misma raigame, da misma orixe (...) do mismo acervo cultural a pesar de que hai particularidades e (modismos) locais.
Entón nós pois foi cando Galicia Encantada, sin coñecer para nada a Antonio Reigosa, unicamente coñecíamos a súa obra, o seu traballo, as súas publicaciós, éramo,o,os, para nós antes a enciclopedia ou a nosa biblia de consulta era o Dicionario de seres míticos galegos no que Antonio Reigosa é o seu coautor, pero o,o,o Galicia Encantada é formato distinto, formato dixital, formato virtual, e hai un montón de achegas, in/ infinidá d'achegas de xente de, de todo o territorio galego e de fóra de Galicia que vai metendo en caixonciños que vai clasificando Antonio, en función de temáticas, vai metendo distintos campos do saber, bueno, clasificando por categorías pois según a temática, non? E claro, hai para todo, hai para todo. Unha,a,a é unha enciclopedia mui dinámica, mui áxil, de mui doada consulta e, en función do tema que ti estés traballando, valo consultando.
E nós, facíamolo de maneira individual atá que un día, po,o,or iniciativa da miña compañeira Cris, decidimos que había que dar o paso e saír un pouco de,e,e neste sentido, un pouco saír, por así decilo (vulgarmente) saír do armario ou espoñelo (...) a,a,a a dar a coñecer o que aquí tiñamos porque, aquí en Melide, en unha comarca histórica, que,e,e tivemos a sorte que aquí houbo traballo,o,os de precursores xa dende,e,e principios do século XX, traballos de investigadores tipo Eduardo Álvarez Carballido, continuado, a finales da década dos 20, tivemos aquí a sorte contar co,o,o equipo de Seminario de Estudos Galegos para regular a Terra de Melide, que despois se publica no 33, onde se fixera un traballo de campo eshaustivo e riguroso. Pero, claro, no que é o saber popular, eles recu/ recopilaron ao que pu/ ao que acederon, pero que eso realmente é un campo de,e,e tan amplo de,e,e de saber que nunca das abar/ abarcado totalmente.
Eles abarcaron moitísimo porque tiveron a sorte de contar, nese momento, nas campañas do ano 29 e 1930, cun menciñeiro local, un menciñeiro local que era gandeiro, era labrego, pero que practicaba distintos tipos de artes para facer e,e,e curaciós, tanto de persoas, a nivel de persoas como de animais, e despois tamén era unha persoa que tiña moita retranca e coñecía mui ben o saber do pobo. Coñecía un sinfín de relatos, chamábase Antón Riva, q'era un veciño do casal de,e,e da Ulloa, en Campos, unha parroquia de aquí melidá.
Entonces, bueno, había un caudal de coñecemento recompilado polo membros do (Seminario) de Estudos Galegos. O Risco, axudado po,o,or un erudito local que era crego, Amador Rodríguez Martínez, entón, fixeron ese traballo. Un traballo que despois foise continuando pois co,o,o co propio museo que edita o Boletín de Estudos Melidenses do ano 1982, e que van metendo paseniñamente cousas que teñen que ver coa tradición oral da,a,a da comarca. E, aí, é onde queremos entrar, (...) queremos contactar e,e,e (...) en considerar que Galicia Encantada é o millor medio, o millor vehículo para que ese,e,e compendio de coñecemento que xa estaba publicado en formato escrito, pois que tamén que trascenda a,a,a a redes sociais. Entón, así, pouco a pouco, pois coñecimos a Antonio Reigosa, chamámolo, falamos con el personalmente, empezamos a mandarlle, primeiramente, antes de falar con el, mandámoslle algún relato, el aceptouno, foino subindo (en) distintas categorías, e pouco, a día de hoxe, non sei cantos levamos incorporados. (...) De,e,e inicio, no primeiro ano, ao millor, subimos quince, agora xa non sei realmente cantos levamos incorporado a Galicia Encantada, e os que quedaran por poñer porque,e,e era o que nos decía Antonio cando nos animou no tema, decía:"Bueno, é que non é solo o que hai escrito, hai que saber poñer a orella, hai que estar atento ao que che contan, e,e,e de todo, de casi todo se saca proveito". Entón, pois algunhas veces, cousas curiosas, non? Porque, por exemplo, unha vez mandamos (aquí) un relato que eu cando era cativo lle/ cheguei a coñecer unha vaca que se paseaba aquí polas feiras, que era a vaca Juanita, unha vaca que,e,e era unha,a,a probablemente era,a,a na (constitución) do parto pois cand,o,o os animais pois compartían o embrión, entón eran dous animais que un non se, non chegou a desarrollarse (...) que quedou nun solo corpo, entón o outro estaba como se estivera anesionado, como se estivera fusionado. Entón a vaca tiña sete patas e compartía vario, varios órganos internos, non? Decían que era herma/ que era hermafrodita, que era macho-femia ao mismo tempo, pero claro debeu ser que un, un tivo éxito na xestación, e o outro pois quedou,u,u (...) pois un aborto quedou incorporado, era unha especie de,e,e pois eso de, non me sale ahora a verba pois (...) son xemelgo,o,os (...) non me sale a palabra, bueno (...) xa me saerá despois. E,e,e aquí exhibíase polas feiras, era un fenómeno, a persoa que o facía fixo moitos cartos, sacou, sacoun/ chamábase a vaca Juanita, a vaca, non se sei se o dixen, paseábase por moita,a,as feiras de,e,e non solo de Galicia senón de todo o territorio do Estado (...) A Portugal tamén a levaron pero nunca chegaron a saír de,e,e dos Pirineos porque no,o,on non tiñan autorización das autoridades (incomprensíbel) para entrar, agás en Portugal que fixeron algunha visita, non tiñan permiso para poder pasea,a,ar fóra das nosas fronteiras o, o fenómeno (incomprensíbel) que se chamaba: O MAIOR FENÓMENO DO MUNDO VIVO.
Entón, un día falando con Antonio, dixémoslle: "Mira, que temos esta historia aquí dunha vaca, non sei se che interesa...". Porque nós contamos relatos do saber popular, falamos de fontes, de fontes tradicionais, fontes milagreiras, falamos de,e,e do mundo dos mouros, do mundo de galiña, bueno, do mundo galiña con pitos, e todo o saber que,e,e da cultura do pobo, no?
E un día dixémoslle (a ver) se lle interesaba ese tema da vaca, e dixo: "Si. E como non me vai". (...) A resposta de Antonio foi: "E como non me van interesar!"
Decía (que se trataba) da categoría dos fenómenos, dos fenómenos, e aí o meteu, non?
E contámoslle varias historias, tamén dun señor que vivía aquí no concello veciño, e,e,e no concello d'Agolada, nunha parroquia de,e,e de Berredo, que se chamaba Abe/ Abelardo era unha auténtica computadora, unha auténtica cal/ calculadora humana que si ti lle dicías en que ano,o,o naceras, a data do teu nacemento e a que hora naciches, el calculaba mentalmente a os di/ anos que levabas vivido, os días, horas e mesmo minutos si lle decías en que momen/ en que momento naceras. Era, realmente, unha computadora humana.
Era unha persoa que vivía casi nun estado de indixencia, iba polas feiras, el collía o que lle daban. Falaba, falaba. Aparte, incluso tiña un pouco de, practicaba artes de, premonitoria así che adivinaba un pouco (por riba). Non sempre atinaba, teño que admitilo que a min tamén me fixo unha premonición de pequeno, e teño que admitir que, que se, que se trabucou bastante.
Bueno. Bueno, e,e,e o conto é que ese home pois vivía do que lle daban. Nunca pedía nada, nunca pedía nada polos seus cálculos nin polas súa,a,as premonicións nin pola de que iba ser o futuro das persoas. Pero,o,o sempre lle daban algo, vivía un pouco das esmolas e, realmente, convertiuse nun persoeiro mítico, non mítico e,e,e na súa, no seu concello natal, n'Agolada, que el era desa aldea de Berredo sinón en toda,a,as concellos veciños tanto da Comarca do Deza, como de Arzúa, como da Ulloa, como de Lugo, como da Terra de Melide, como iba de feira en feira era coñecidísimo, era o Abe/ Abelardo de, de Berredo. E,e,e de min, acórdome que lle preguntaron meus pais: "Mira Abelardo -eu fun con el a unha feira, fora unha feira que fora en Monterroso, ahora Enrique, Enrique Broz, hai un ratiño, falou da importancia das feiras de Monterroso, que era unha das feiras máis importantes que había aquí no centro de Galicia. Pois el nesa feira de Monterroso, estando de cativo cos meus pais- (Incomprensíbel) Mira, este neno naceu o 24 de abril do,o,o do 1972 -eu era cativo, debía de ter seis anos ou unha cousa así- Obviamente xa fixo u,u,un nun intervalo moi cativo de tempo, pois fixo unha relación do tempo que levaba vivido. Seguramente, pois se equivocou mui pouco ou nada. Pero dixéronlle: "Bueno, e,e,e este rapaz que che parece?". Decía e,e,el (...) Quedou mirando para min de xeito así, tampouco non era moi espresivo nas súas facianas, era un home, así nese sentido, así, por decir, esquivo na mirada e tal, pero unha mirada intelixente, unha mirada intelixente e,e,e e metódica. Quedou mirando pa min, non era moi dado á risa tampouco, quedou mirando pa min seriamente, e aínda me lembro, debía ter seis anos, e díxome: "Este rapaz, (este) rapaz ten os ollos moi abertos!". E dixo: "Este rapaz vai ser alghén, alguén moi importante na vida". E ao cabo dun rato, dixo: "Ou non. Ou non". O sea que bueno, non se equivocou de todo, non se equivocou de todo polo que tiña un marxen de,e,e de erro amplo, no?
(Entón, si) son cousas que lle temos transmitido a,a,a a Antonio, fumos contando, para ver se tiñan encaixe na web Galicia Encantada, e ao final, eu creo que,e,e dános esa sensación de que ese tipo de historias de fenómenos, de andel de marabillas, de todo eso, que realmente foi o que máis lle,e,e lle gustou, non? da,a,a da nosa aportación.