Aquí, dende Cedeira, na Costa Ártabra e,e,e (...) Cedeira é unha vila realmente enfocada ao mar aínda que cada vez, pois, se, se vive un pouquiño menos diso, pero bueno, a tradición, sin dúbida, pois vén, pois vén por aí. Non? Entón, e,e,e nós recollimos, en determinada ocasión, un xogo que era, non era un xogo habitual sinón que era un xogo que se celebraba na festa do San Isidro, en Cedeira é unha festa local importante, San Isidro patrón dos labra/ dos labradores, San Sidro, como decimos por aquí. Entón, era unha cousa mui curiosa que, por iso, queremos compartila, porque, realmente, e,e,e a praia de Cedeira é unha praia moi, moi longa, e, alí, ao final, está unha pequena plaíña que forma forma parte da mesma plaia que se chama, que lle chaman a zona de San Isidro. Alí, había unha capeliña. Entón, situámonos, estamos alí, estamos nunha festa, fai ao mellor 100 anos, de feito está documentado do ano 1927 este testemuño. Non? E,e,e alí se xuntaba a xente e, bueno, donde hai festa sempre hai xogo, ou sempre había, sobre todo, ahora sigue habéndoos doutra maneira, non? destes de ficha e de luces, pero onde hai festa sempre hai xogo e,e,e e sempre hai música, e sempre hai xantar, sempre hai comida, entón, bueno, pois e,e,e o que alí sucedía era que a pesar de ser unha festa que se celebraba na praia, nunha vila mariñeira e,e,e argallaban unha competicións de arados de bois na area. Xa podedes imaxinar o que eso significaba, é dicir, a xente, sobre todo do rural, das aldeas, traía os seus bois á vila e poñíaos na area, un, un terreo que non era,a,a familiar nin habitual para eles. Non? Entón, consistía no seguinte, e,e,e e,e,e (...) Enchíase aquilo de xente, de feito hai unha foto documentada do 1959, teño por aí anotado, que se ve espectacular. Non? E,e,e toda a xente da festa che/ estaba esperando o momento da competición de bois. Cada, cada participante traía os seus bois, poñíalle os arados e consistía en facer o rego máis dereitiño que se poidera pola area da praia. Entón, había, realmente, que ter moito dominio técnico para, para termar do arado; agarrábano pola rabela e iban guiando os bois hasta que conseguían enderezar ese suco que facían. Non? Entón, e,e,e bueno, era un suco largo porque, como dixemos antes, a praia de Cedeira é unha plaia longa (...) Entón, acababa cando, realmente, xa se cansaban de seguir arando. Non? Ou iso é o que, o que recollimos. E,e,e e o xurado era un xurado popular; alí, todos se poñían a mirar e decían: "E o máis dereito é o de Ramón! Non. O máis dereito é o de Pedro! Non". Entón, era unha, unha cuestión así, pero ao final había un ganador. Non? E de feito, hai unha anédota mui bonita, eu creo, que non sabemos si é lenda ou se foi real, pero recollímola con nomes incluso. Ha,a,a había dous espertos aradores que eran Ramón (da Acea), e o Coxo de Costa; o Coxo de Costa, pódese supoñer que era un home que, que tiña,a,a, que ranqueaba dunha perna, non? Entón, el, para que lle fose máis cómodo o que facía era, metía unha perna no suco que estaba feito, e a outra levábaa pola area. Entón, o home andaba, por unha vez, unha vez ao ano dereitiño. No? E,e,e entón, hai ese,e,e (...) Sucedeu a,a,a a competición, pero o que ganou foi o outro, non foi o coxo, foi o outro. E cando lle entregaron o premio, e,e,e había u,u,un un neno alí mirando e veu que o que, que entraba polo premio, entrou todo, todo dereito, andando ben i tal. É, é decir, invertíranse os papeles: O coxo andaba dereito na competición, e o, o home que non tiña ningún problema, andaba coxeando porque e,e,e ranqueaba, alí, entre os sucos que facían os bois. Entón, o pequeno, din que berrou: "Ese non gañou que o que ganou foi o Coxo!" ((Risas))
Bueno, entón, podemos a/ aproveitar para decir tamén que no xogo, é unha anédota, non? e, probablemente, fose certa, pero, pero non se sabe esactamente, pero móstranos que o,o,o que o xogo ademais é un, un elemento integrador donde, a veces, as, as diferencias e as e,e,e e as problemáticas de cada quen, pois incluso, en algunha ocasión dan ventaxa.
Autor/a da transcrición: e~xenio