Lidia Barreiro Felpeto
Madrid, 1974. Profesora de Lingua Castelá e Literatura durante 12 anos no IES de Melide. Na actualidade, reside na Illa de Arousa e imparte aulas no IES A Basella de Vilanova por terceiro ano consecutivo.
Investiga os xogos da costa, particularmente, así como as manifestacións orais arredor deles.
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (www.agxpt.gal), entidade con sede en Melide pero de ámbito galego. Naceu en 2003 coa finalidade de investigar e divulgar o patrimonio lúdico de Galicia. Nestas case dúas décadas promoveu máis de 500 actividades de divulgación en todo o país e fóra del, desenvolveu diferentes liñas de investigación e de publicacións, e participou activamente na constitución do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, formado por entidades e investigadores/as a título individual, que foi quen de poñer en liña a primeira base de datos con recursos sobre os xogos tradicionais galegos (www.xogostradicionais.gal). A AGXPT é unha das tres entidades galegas integradas na Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais (https://jugaje.com/).