Foi o berce do museo e,e,e inda fai un cachicho, estiven lendo, bueno, na corrección do boletín que estou facendo agora, e,e,e unha,a,a un artigo de Xosé Manuel Broz, o director, no que precisamente fai mención a iso. No? Que el di que,e,e de neno leía o Terra de Melide que llo deixaba Taboada Roca, Taboada Roca, Antón Taboada Roca participou na edición dese,e,e dese libro na parte,e,e da nobreza, no? o capítulo de Nobreza de Melide, e lle deixaba o libro a el cando era neno para que nas tardes de inverno o leera pois na súa casa. Non? Non tiña outra cousa que facer o neno no inverno entón lle deixaba o libro para que lera. Entonces el di que tamén eso foi un motivo para que el empezase a amar ese, empezara, como di el, a sentirse terramelidao, no? da Terra de Melide, que empezara a sentir ese orgullo pola terra. E si, e, e,e,e o mismo lle pasou a Mingos, non podo falar agora por el, porque bueno, non, non sei o que podería pensar, pero supoño que sería algo similar. No? Leeron ese libro, eso si que lles calou para seguir investigando e tirando dese fío.
Eu creo que,e,e que foi unha gran obra, xa non só por, polo que quixo recuperar, impresionante o traballo que pretendían facer con todas as comarcas de Galicia, sinón por esa labor didáctica que calou na xente de Melide, non? Pois, nos nenos que despois foron, por decilo así, os eruditos que continuaron ese, ese traballo. No?
E si, si, realmente, si, O Terra de Melide sentou as bases do que hoxe é o museo, o museo e tódolos estudios históricos que se están facendo desta Terra. Esto é o continuador e,e,e bueno, humildemente decíndoo porque, claro, pero si, é, é o continuador do,o,o do Terra de Melide.
Autor/a da transcrición: e~xenio