Un día iba eu con dúas vacas pa o codesal ou pás xestiñas, pa alá iba, e cheghei alí onda a de miña tía (incomprensíbel), onda a señora Manuela, non sabes? E por alí arriba viña unha muller, unha muller pequeniña e traía unha tina na cabeza e outra na man. (incomprensíbel). Entonces ela chamoume e díxome ela: mira, e a vaquiña que, a vaquiña que, a vaquiña dá moito leite, non dá? Eu non sabía nada de que aquela muller facía dano, eu non sabía nada. E cal dá máis, a de diante, a de atrás?, preguntoume todo. Ai, bueno e tal e tumba. Fíxome un mar de preguntas e eu dixen a verdá! Eu que sabía!
Cheghuei a casa coas vacas, metínas na corte e o outro día á mañán foi (incomprensíbel) a mamá, foi muxila vaca porque iba, xa sabedes que íba todos os días a Pontevedra, e chegou ao pe da vaca e a vaca en vez de dar leite dou sangre, dou sangre, a vaca dou sangre. Miña nai non me peghou, non me peghou, cheghou onda min e dixo: Pero Toñita, quen/ pa onde fuches onte coas vacas? Pois mamá fun pa tal sitio. Mira, e quen che mirou a vaca? Con quen estuveches, con quen falaches? E díxenlle, mira, miroume fulana. É que fulana preguntoume isto, isto e isto. Ai! Matouno-la vaca, matouno-la vaca! E ela xa tiña tanteado os litros que daba cada unha pa levar para darlle á xente. Pois foi fulana a que me enseñou a vaca polos tetos. Pos tuvémola que levar a San Ciprián e a vaca sanou. Pero ao outro día, esperei aquela muller eu sola, e boteille as mans e por nada mátoa, por nada mátoa. Ustedes...foi verdá eh! Iso pasoume a min.
- E que anos tiña usté daquela?
- Eu tería oito, nove anos.
- Oito ou nove anos, e ela?
- Non ela era pequeniña.
- Era unha muller completa?
- Era unha muller solteira, pero era unha muller ao mellor de sesenta anos ou así.
- Ai, setenta anos!
- De sesenta, de sesenta sería.
- E usté, seis ou sete?
- Eu tería oito anos, nove, non tería máis, non tería máis. E iso pasounos a nós cunha vaca eh! Así que...non dighamos que non hai quen fagha daño, hai quen o fai e muito e muito eh!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro