Bueno, pois aquí estamos no,o,o Museo da Terra de Melide. Este museo é un contedor, se podemos chamarlle contedor, das historias de Melide, da historia de Melide, leva 42 anos funcionando. Comezou de xeito,o,o moi,i,i digamos, anecdótico, un grupo de amigos, de estudiosos interesados polo patrimonio da comarca decidiron e,e,e empezar a xuntar e,e,e material sobre todo arqueolóxico, empezaron coa arqueoloxía. Un deles era mestre, o que hoxe é director do museo, Xosé Manuel Broz, era mestre nunha escola rural en Toques, e os nenos moitas veces lles, lle levaban ao seu mestre pezas, restos cerámicos, algún lítico que atopaban nas inmediacións dos castros de onde eles vivían nas aldeas, no? Entón, bueno, a raíz deso, do interese dos nenos e do mestre por enseñarlles o que era o seu patrimonio e,e,e cercano, o que tiñan ao lado das súas casas, non o que estudiaban nos libros de texto, a raíz diso, xurdiu a idea de, pois u,u,un un verano e,e,e musealizar todo o que os nenos atoparan, no? Espoñelo á ao público, á xente de Melide. Decidiron espoñelo aquí en Melide na,a,a no que era a antigua biblioteca municipal que estaba nos baixos do concello, fixeron unha pequena exposición deses resto,o,os arqueolóxicos, no? Moi,i,i eran restos bastante sinxelos, nada espectacular, no? Anaquiños cerámicos, algún lítico, algún pondus, fusaiolas. Nada, nada,a,a de valor material ou de valor económico, ou de valor como para estar esposto nun gran museo pero si con un gran valor sentimental e, sobre todo, con ese apego que tiñan os nenos por empezar a entender o que era o seu pasado prósimo, no? Bueno, pasado,o,o lonxano pero prósimo e,e,e xeograficamente. Entón a raíz deso e,e,e e bueno de que gustou moito esa esposición, decidiron deixar esa es/ bueno, valga a redundancia, esa esposición permanentemente. Lle pediron permiso ao Concello para que nun apartadiño da,a,a da biblioteca puideran ter unha pequena vitrina con eses restos e que quedaran sempre aí espostos, no? I, a raíz d'aí, tódolos nenos, tanto d'aquí de Melide, como de Toques e de Santiso pois aprenderon a facer o mesmo, no? Naquel momento non esistía aínda unha lei de patrimonio que regulara as escavacións arqueolóxicas, entonces, bueno, pois, e aparte, bueno, tamén se permite traballar no, nos castros, no? De feito, a lei aínda permite, hoxe en día, plantar e botar unhas patacas quen teña a propiedade dun castro, (incomprensíbel) ao ir movendo as pedras, ao ir traballando sempre iban aparecendo restos, no? Moitos deles non eran nada pero a ilusión dos nenos de traer eso, de traer estas pezas que atopaban, e de enseñarlles o valor de guar/ de gardalas, de,e,e de protexelas, bueno, pois foi o que foi aumentando o valor do, do museo, no? A partir d'aí decidiron xa non só dedicarse á arqueoloxía sinón tamén á etnografía, un par de anos despois decidiron que tamén era interesante non só ese pasado arqueolóxico que moitas veces era difícil de entender, no? Non todo o mundo sentía apego por eses restos, non? Era algo moi lonxano, algo que non era habitual, non era cotidiano, entón moita xente non sentía tanto apego por eses restos arqueolóxicos, entón decidiron eso, amplialo á arque/ á etnografía, no? Entonces empezaron a facer mostras sobre todo co,o,on con partes de,e,e sobre todo con, con teares, no? E mostras de,e,e bueno, pois, de pezas que se podían facer con tear, daquelas aínda había mulleres que tiñan teares nas casas e inda iban facendo algunha,a,a colcha, algunha manta e,e,e sarillos, debandoiras, bueno todos os útiles necesarios para, para confecionar o,o,o o liño, bueno, para facer o liño. E bueno, a xente, pois, foi traendo máis cousas, que si,i,i un tiña un abuelo que fora zapateiro, que si outro ferreiro, que si eran interesantes estas pezas. Bueno, a raíz d'aí foi nacendo esa, ese pequeno museo, aínda nos baixos da biblioteca que chegou un momento que se fixo pequeno, xa non se podía compatibilizar biblioteca e museo, había que,e,e que buscar unha solución, no? Entón, bueno, pois optouse,e,e nese momento, Domingo Fuciños e,e,e era tamén un destes e,e,e amigos do museo, un destes que,e,e destas persoas que, que iniciaron esta,a,a esta andaina, e decidiu ceder unha das súas propiedades, nunha casa aquí na praza do Convento para facer esa gran esposición, gran esposición miúda, no? Non, tampouco gran esposición (...) en relación co,o,o co que tiñan no,o,o na biblioteca. Entón, bueno, cedeu gratuitamente durante moitísimos anos unha casa que foi a,a,a o a sede do museo, e o que se pode considerar realmente o nacemento do museo, no? Porque a partir de aí xa tiña unha sede física e,e,e con unha esposición permanente, no? Empezon a facer moitísimas actividades, se facían moitísimos talleres de,e,e bueno, pois eso, tamén, de confeción de, de tear, se facía,a,an e,e,e escursiós polo patrimonio da comarca con bueno, cos nenos e con viciños que se querían apuntar, eso todo se filmaba e despois se reproducía para os que non puideran ir a,a,a a esa escursión, se facían dispositivas con patrimonio, se facían charlas, o sea, era unha dinámica bastante interesante nese momento que o que buscaba era un pouco eso que a, que o patrimonio que estaba vivo, presente na,a,a comarca, chegara a todo o mundo, que a xente non vira como,o,o pois cousas que estorban moitas veces, no? un cruceiro, unha igrexa vella, que no,o,on, que non o viran como algo que,e,e que bueno, que xa, que é vello que incluso se pode prescindir, e que empezaran a,a,a a amalo, no? e a respetalo. De feito, bueno, pois eso, a partir de aí foi medrando tanto, tanto a colección do museo e,e,e tantan pezas que había doadas que o mesmo, pasou como ao principio, volveuse a quedar pequena esa,a,a esa casa, e houbo que,e,e que buscar outra solución, onde estamos agora, no? Para eso, e para,a,a para traer o,o,o o museo a este edificio que era propiedade do museo e propiedade dos veciños porque se mercou con suscrición popular pois e,e,e se escolleu un edificio histórico, no? o sea, sempre buscando o ben do patrimonio, o sea a difusión do patrimonio comarcal. Entón que mellor edificio que o antigo hospital de peregrinos, no? E,e,e naqueles momentos era unha casa que estaba en venta, por sorte, unha casa que bueno, que fora un, unha vivenda, o hospital de peregrinos era moitísimo máis grande do que temos agora no museo, o que pasa é que na desamortización vendeuse por partixas, a partir d'aí a casa foise minguando, ese hospital foi minguando, e quedou, xusto, a parte central onde estaba a porta de,e,e de entrada, foi unha,a,a (escerendicia) que se di, no? unha carambola da, do destino que xus/ que xusto esa parte, o que era a porta principal e,e,e do,o,o do museo, bueno, do antigo hospital, tivera, estivera en venta, no? Mercouse mediante suscrición popular, non vou dicir tódolos veciños de Melide, porque non foron todos, pero unha inmensa maioría, inmensísima maioría de veciños deron cartos para mercar este hospital, incluso xente de fóra, emigrados sobre todo, sobre todo as xentes que están na emigración, bueno, non se pode decir (xa) emigración, os que están en Bilbao, e moita xente incluso que está no estranxeiro, deron cartos, financiaron a,a,a a merca deste, deste edificio, deste hospital e a súa restauración, no? Porque eso que se intentou fraguar ao principio no ano 78 co nacemento do primeiro museo na biblioteca, esa idea de crear conciencia de pobo, de patrimonio a custodiar pois calou perfectamente, no? E, bueno, pois 30 anos despois conseguiuse mercar este edificio e restaurarse, no? Xa nos queda pequeno de novo, xa, xa nos volve quedar pequeno pero no,o,on, vamos a parar xa, non vamos a seguir emprendendo porque de momento tampouco se pode, vamos a intertar manter o que temos que xa, xa nos costa tamén, no? Pero bueno, este é un contedor en altura, non en anchura, é un edificio alto, bastante (incomprensíbel) pero que, que, que garda a esencia da terra.
Autor/a da transcrición: e~xenio