Nós, mira ti, nós tiñamos unha vaca, cando eu era, pois tería por aí, oito anos ou así, e iba eu e mai-lo finado de meu irmán Pablo pá Sobreira, onde ten Orlando a casa, sabedes donde é? Alí na Sobreira. Bueno, pois camiño abaixo, ahora é unha pistiña, pero...si, pero, pa baixo, indo pa o pobo era unha pistiña que aghora deron, era un camiño ruín, aghora deron un cacho, Patricio deu un cacho e entoces fixeron alí unha pistiña, que se vai por alí.
Nós, aquela vaca, era unha vaca mui leiteira, mui leiteira, mui leiteira, e, e resulta que, a min xa me teñen pasado cousas sabes? Xa me teñen pasado moitas cousas, daquela eramos pequenos pero claro, mamá iba co leite ao pueblo, que vivían...e papá andaba facendo casas aquí en Figueirido, nun lado e noutro pero éramos muitos, non sabes? E, aquela vaca trucaba; a nós non nos trucaba, éramos muitos e non nos trucaba a ningún, pero trucaba. E entonces o meu irmán Pablo, Dios llo perdone, agharráballe a corda d'aquí do corno e pisáballe unha pata de diante e entonces a vaca iba así ((fai xestos)) a correre, pa que non puidera correr non sabes? Pexábaa.
Pois viña aquela muller por aquel camiño, que hai a viña de Pastoriza e máis había outra e ela parada estaba alí. Xa a sentía vir ou xa a presentía, miraba, así que a miraba pois nin viñas nin nada, por debaixo das viñas, por onde ela, pero trucaba a matala eh, trucaba a matala eh! Non vaiades a pensar que vos digho mentira; díghovos verdá! Pois (plaghiou) tanto nela, tanto nela que nos morreu, que nos morreu.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro