Francisco Almuíña: Pero usté, sobre todo, ao que lle daba era a tecer.
Lola de Fiúnte: Ai, a tecer cando podía! E naquel entonces eu aprendín a tecer de 15 anos, e cando miña mai, en paz dencanse, morreu, eu tiña 13. Despois, había unhas velliñas alí no pueblo i eu xa iba pa onde a señora, aquela veñilla a,a,a (...) Solo sabía tecer no liso (...) mandiles e facíanse delantales pa cando iban á huerta, aquel tornaba que non se mollaran, as señoras, non? Porque comprar non se podía, algúns podíanos comprar pero outros (...) Eu, hasta que ganei algo tampouco non se podían comprar. (Aínda non) había unha luz de carburo en Fiúnte hasta que empecei eu a comprar o carburo e tecía de serau, que serau é coa, ca luz do carburo. Eu ca do gas nunca traballei nas colchas nin nada, nin flecos, nin nada, pa que non me cansara a vista e total cansoume igual.
Antonio Reigosa: Como era o de tecer porque aquí hai moita xente nova que nunca veu tecer?
Lola de Fiúnte: Si?
Antonio Reigosa: Que, como,o,o en que o facían? Facíao nun tear, supoño.
Lola de Fiúnte: No tear. No tear, si.
Antonio Reigosa: E, pero, como chegaba alí,í,í o,o,o fío xa viña xa,a,a preparado.
Lola de Fiúnte: Ai, no, no, no, no, no!
Antonio Reigosa: Había que (...)
Lola de Fiúnte: O fío vén en nobelos ou madeixas.
Antonio Reigosa: É dicir, xa (...)
Participante: Ahora.
Antonio Reigosa: Non. Digo daquela, daquela.
(...)
Lola de Fiúnte: Sembrábase pero á parte deso, o que se sembraba (...) non chegaba a nada.
Antonio Reigosa: Pero usté,é,é usté semen/ tamén, semen/ tamén veu, vamos, fixo,o,o a sementeira (...)
Lola de Fiúnte: Si.
Antonio Reigosa: A recollida.
Lola de Fiúnte: Fixémoslle a semilla.
Antonio Reigosa: E pódeme contar (...) Porque eso, ahora, xa, non nos acordamos ningún. Como era o proceso? De sementa-lo liño (...)
Lola de Fiúnte: O proceso, había que traballar a terra ben traballadiña, ben que non lle quedara nada. E sembrábase, nós xa o sembrábamos nun sitio cerca do río porque onde estabamos nós, alá en Fiúnte (...)
Antonio Reigosa: Si.
Lola de Fiúnte: Baixaba un rego, alí, do lado de Vilameñe (...)
Antonio Reigosa: Si.
Lola de Fiúnte: E facíase un tanque po,o,orque sémbrabase o liño, así que estaba maduro había, facían unha, había unhos ripos de madeira (...)
Antonio Reigosa: Ahá!
Lola de Fiúnte: Entonces xa, pero xa lle facíamos todo alí; ripábase.
Antonio Reigosa: Sementábase alí porque había a auga próxima (...)
Lola de Fiúnte: Xa estaba alí (...)
Antonio Reigosa: A poza (...)
Lola de Fiúnte: Todo eso, i alí non ibas (incomprensíbel) ningunha, e,e,e non había valado darredor, entonces despois, aos, ao ese, o que elas chamábanlle a liñaza.
Antonio Reigosa: Si.
Lola de Fiúnte: A,a,a a semente, esa si que se poñía nun, ao millor nun, nun (pouso) de sacos, nu,u,un man/ como un mantel (...)
Antonio Reigosa: Si.
Lola de Fiúnte: E limpiábaselle o malo pa quedar, perdu/
Antonio Reigosa: Garda-la semente.
Lola de Fiúnte: (Incomprensíbel) a semente.
Antonio Reigosa: Gardar a semente.
Lola de Fiúnte: I o outro, o que non me acordo é cantos días estaba, na, alí naquil río (...)
Antonio Reigosa: Metíase na fonte.
Lola de Fiúnte: Facíase un tanque. Metíase alí o, atadiño con uns feixes. A uns tantos días (...) Non. Non era pa lavalo porque o liño, o liño ao arrancalo non lle queda terra. Tiras por il, así, e non, eso non saca terra.
Antonio Reigosa: Era pa que abrandara a palla.
Lola de Fiúnte: Pa que abrandara eso porque despois había, cando salía de alí, puñíase a secar e despois mazábase cunhas, cunhas mazas de madeira, mazábase (...)
Antonio Reigosa: Pa separar a casca do fío.
Lola de Fiúnte: No, no. Ui,i,i o fío! O fío inda faltaba moito (...) Primeiro, mazábase; despois, chamánballe deluvar, facíanse, así, como unhas madeixas e despois fiábase e despois aínda había que poñelo pa que clareara.
Antonio Reigosa: Ao sol.
Lola de Fiúnte: S'eso daba muchísimo traballo.
Antonio Reigosa: Pero siga, siga.
(...)
Lola de Fiúnte: No, ripalo xa é o primeiro día que s'arranca.
Participante: Si. Neses cousos de ferro?
Lola de Fiúnte: Si. Non. Os nosos non eran de ferro, fixo, papá fíxoo de,e,e de madeira, e ripábase e xa quedaba a semilla, aiquí, e o outro xa se iba poñendo ben posto, xa iba (p'aí) pa o río, e tapábanlle por encima, poñíanlle unhas, unhas, así, unhas póliñas (...)
Antonio Reigosa: Pero aínda, aínda non acabou, eh! Inda lle falta moito.
Lola de Fiúnte: Poñíanlle unhas póliñas por enciñma (...) Esto era, esto era o ripo (...) de ripala. Pero, pa,a,a cando este era pa cando se fiaba, cando se, o fiaba, pa poñelo,o,o pero o outro non. Era un ripo grande de madeira (...) Ao pasalo polo ripo (...)
Antonio Reigosa: Si.
Lola de Fiúnte: Xa quedaba se/ separado a,a,a a semilla pa un lado i eso o,o,o o demais pa o outro.
Antonio Reigosa: Ben.
Lola de Fiúnte: A semilla (incomprensíbel) pa que estuvera limpiña pero o outro daba moito traballo. Non sei a cantos días eran, sacábase da agua e despois había que mazalo.
Antonio Reigosa: Si.
Lola de Fiúnte: E despois espadalo. Había uns, nós tiñamos xa, fixo papá, en paz descanse, unha máquina e dábaselle ca mau e non, non facía falta traballar tanto.
Antonio Reigosa; Que era, que era de madeira?
Lola de Fiúnte: Era de madeira. E, despois, chamánbanlle tascalo e, despois, fialo. E fialo era cando se poñía no,o,os nos estos, non me acorda como se chama esto.
Participante: Pero como se separaba a estopa? Era neste outro cando se separaba a estopa do liño?
Lola de Fiúnte: Claro!
(...)
Lola de Fiúnte: Claro, era neso! Pero antes deso daba muchísimo traballo (...) O que pasa é que tamén duraban siempre.
Antonio Reigosa: Entón, despois, xa, facías o fío, metíase o fío no,o,o no (...)
Lola de Fiúnte: I despois facíase o que,e,e (...)
Antonio Reigosa: E, a partir d'aí, xa se podía facer algo. Non?
Lola de Fiúnte: Si. (...)
Francisco Almuíña: E pa blanquealo como facían?
Lola de Fiúnte: Ah, pa blanquealo tamén se poñía, poñíase que clareara pero cando estaba fiado. Lavábase e poñíase cando estaba pa blanquealo.
Antonio Reigosa: E donde o blanqueaban? Que lle botaban?
Lola de Fiúnte: O sol
Antonio Reigosa: Nada máis?
Lola de Fiúnte: Nada máis.
Antonio Reigosa: Pero cando facían a,a,a lavaban certa roupa na casa de liño, despois de usala, como a blanqueban?
Lola de Fiúnte: Blanqueaba mui ben.
Antonio Reigosa: Pero como? Como facían?
Lola de Fiúnte: Fervíase, fer/ fervíase e botábase unha pouca cisa de carballo blanco (...)
Antonio Reigosa: Cinsa.
Lola de Fiúnte: De carballo blanco, botábase alí nun caldeiro (...)
Antonio Reigosa: Si, si.
Lola de Fiúnte: E tamén o caldeiro había que traer, algús non tiñan eso, compraban calquera caldeiro, pero ises de coce-lo pulpo,o,o!
Antonio Reigosa: De cobre.
Lola de Fiúnte: De cobre, eses, eso salía moi ben.
Antonio Reigosa: E que se botaba? Auga quente e cinsa.
Lola de Fiúnte: No. Botábaselle auga quente (...) A agua iba quecendo e despois metíase alí o,o,o a tela.
Autor/a da transcrición: e~xenio