Ana Villamor Pérez: Era,a,a presentarnos que,e,e pertenecemos a unha asociación que formamos en Friamonde e,e,e Friamonde, Vilar, todo o entorno de Mourulle do que era o puente,e,e a ponte Mourulle e,e,e bueno, que,e,e levamos dous anos de vida i ahora estamos promocionando perte/ bueno, como tamén é zona de Ribeira Sacra, estamos promocionando unha ruta que,e,e bueno, fixemos un banco de,e,e mirando,o,o ao río Miño e,e,e (...)
Antonio Reigosa: Estades copiando. Eh!? (...)
Ana Villamor Pérez: Estamos copiando moito de Loiba ((Risas))
Participante: No, máis tradicional o noso.
Ana Villamor Pérez: Pero esto é máis tradicional que son, é u,u,un son as rodas dun carro e,e,e e bueno, i un cuco, e chámase o Penedo do Cuco porque cando se oía cantar o cuco pois era o primeiro sitio donde decían que,e,e (...)
Participante: Hai unha lenda aí sobre (...)
Ana Villamor Pérez: Hai unha lenda tamén. Eu agora mismo así (...)
Participante: Pero bueno, o que máis enterado desta lenda é este home (...)
Ana Villamor Pérez: É Samuel, é Samuel (...)
(...)
Antonio Reigosa: Vente Samuel.
Participante: Veña Samuel, veña!
Antonio Reigosa: Non nos vamos, non nos vamos d'aquí sin a lenda da Pena do Cuco.
Samuel Gómez Díaz: (Incomprensíbel) A Pena do Cuco e está,á,á nunha, nunha serra i,i,i bueno, pode decirse que,e,e (incomprensíbel) do Cuco por dúas cousas, non? unha que,e,e é a zona máis oeste do municipio de Taboada, seguramente, i era donde primeiro se escoitaba o cuco; eso era unha boa nova porque decía que chegaba a primaveira, daquelas a,a,a o gando poi,i,is alimentábase no monte, entonces era unha boa nova que xa viñan os pastos novos e,e,e (...) Outra tamén é que e,e,e se o vemos nun entorno ten a forma dun paxaro o,o,o (incomprensíbel) e,e,e tamén pode chamarse desde alí o Penedo do Cuco.
Antonio Reigosa: E podía ser un cuco (...)
Samuel Gómez Díaz: Podía ser un cuco efectivamente, e enfrente (...)
Antonio Reigosa: Se te chega a oír Cunqueiro, derrétese.
Samuel Gómez Díaz: Si. Si.
Antonio Reigosa: Aquí, coa historia. Alí, o primeiro sitio onde se oe o cuco, eso xa é prodixioso, é dicir, o mundo ten límites, (os) de Taboada acaba aí.
Samuel Gómez Díaz: No. No. To/ todo era prado. Non?
Antonio Reigosa: Sigue, sigue. Disculpa que te (interrumpa)
Samuel Gómez Díaz: No, no, no, no. No, e quero decir que desde ese, ese traballo que fixo a asociación (...)
Antonio Reigosa: Si.
Samuel Gómez Díaz: E,e,e poi,i,is hai unha vista (...)
Antonio Reigosa: Fantástica.
Samuel Gómez Díaz: Mui marabillosa na que se adiviña,a,an unhos pobos máis importantes que había, seguramente, na zona da Ribeira Sa/ desta zona da Ribeira Sacra do Miño que están enterrados i eran auténticos paraísos que un era A Viña, como era,a,a Ribó, como era Mourulle i,i,i i como era tamén o pobo de enfrente que se chamaba Portomeñe. Alí, era mui curioso porque en Portomeñe vese xusto do Penedo do Cuco había u,u,un outro, outra pena que a xente de,e,e daquela zona tiña como referencia que era o Penedo do Reloxo.
Antonio Reigosa: Ahá,á,á.
Samuel Gómez Díaz: I era, precisamente, eso. Era un, era un penedo que tiña unha agulla, un, un pico alto como unha agulla i dependendo do,o,o da hora do día pois a sombra pois (...)
Antonio Reigosa: Marcaba a hora.
Samuel Gómez Díaz: Marcaba a hora e,e,e quero decir que é unha ruta moi interesante para, para coñecer a xente, sobre todo a xente de Taboada, a xente de por aquí i bueno, que,e,e Ana ten aí u,u,un (...)
Antonio Reigosa: Somos un país fantástico e (incomprensíbel) marabilloso!
Samuel Gómez Díaz: Que pode enserñarvos un pouco (porque xa vexo que)
Antonio Reigosa: Bueno, i que non (te) che deu tempo a contar seguramente ibas por aí. Non?
Ana Villamor Pérez: No, no, no.
Antonio Reigosa: Cal é o voso?
Ana Villamor Pérez: Non. Nós, simplemente, que temos un vídeo, bueno, un vídeo de,e,e (...)
Antonio Reigosa: Ah!
Ana Villamor Pérez: Pasámosvolo si queredes.
Antonio Reigosa: Si,i,i.
Ana Villamor Pérez: De,e,e unhas vistas espectaculares do que é a zona que temos, bueno unha das zonas
Antonio Reigosa: Pero,o,o (...)
Ana Villamor Pérez: De Taboada.
Antonio Reigosa: Pedes un ámbito xeográfico definido nesta zona ou,u,u (...)
Ana Villamor Pérez: Si, si, si claro. (...) Si, si, pertenece ao ayuntamiento de Taboada. Bueno, toda a xente que é d'aquí,í,í conoce a Ponte Mourulle e conoce que é o que separa Taboada do Saviñao, é a ponte que,e,e que separa (...)
Samuel Gómez Díaz: Si. É, é unha ponte que,e,e foi feita polos presos do (...)
Ana Villamor Pérez: Bueno, esa foi a,a,a a que quedou debaixo da, da auga (...)
Samuel Gómez Díaz: (Incomprensíbel) Onde había unha cárcel, unha de réxime aberto (...)
Participante: Queremos puente, queremos puente!
Samuel Gómez Díaz: Si,i,i.
Participante: Facíamos unhas pancartas!
Samuel Gómez Díaz: Efectivamente.
Participante: Claro. No, pero fala daquela que despois viñera, viñera o,o,o (...)
Samuel Gómez Díaz: É que este ponte, perdón (...)
Participante: Cando veu o embalse.
Samuel Gómez Díaz: Esta ponte fixérona (...)
Participante: Non querían facela.
Samuel Gómez Díaz: A ponte primitiva que era,a,a fixérona o,o,os presos que estaban e,e,en eran presos do réximen, de réximen franquista, que,e,e que,e,e evidentemente, eran republicanos, que estaban en Friamonde, era en réximen aberto i entón aproveitáronos para facer esa ponte. Unha ponte que,e,e ao fin i ao cabo, fíxolle pero,o,o a intención parece que non era realmente facer a ponte senón de,e,e de esclavivar aquela xente pa que traballara porque es/ esa ponte cando,o,o cand/ solamente tuvo unha vida de vinte anos.
Antonio Reigosa: Ah!
Samuel Gómez Díaz: E,e,e eles sabían que,e,e (...)
Antonio Reigosa: Que estaba condenada.
Samuel Gómez Díaz: Que estaba condanada. De feito (...)
Participante: Eso sabíase perfectamente.
Samuel Gómez Díaz: Parece ser cando,o,o cando se fixo, finalizou a obra e o,o,o o,o,o o capataz que estaba alí, díxolle: "Bueno, aí vos queda terminada para ser anegada".
Participante: Si.
Samuel Gómez Díaz: Efectivamente, vinte anos despois (...)
Participante: Os embalses
Samuel Gómez Díaz: O encoro do embalse de Belesar pois deixouna anegada (...)
Antonio Reigosa: I a ponte sigue, sigue (...)
Samuel Gómez Díaz: A ponte sigue (...) ten unha,a,a e,e,e unha arquitectura mui,i,i (...)
Ana Villamor Pérez: Mui peculiar.
Samuel Gómez Díaz: Mui peculiar, mui, é mui bonita, i despois, anos máis tarde, foi cando veu xa,a,a a ponte Mourelle (...)
Participante: Pero os coches non pasaban pola ponte?
(...)
Ana Villamor Pérez: Si, si, si. É ancha.
Samuel Gómez Díaz: Si. Si. Si que se pasaba.
Participante: Porque eu acórdome do coche do (Vide) que quedaba diste lado e (...)
Samuel Gómez Díaz: Pero eso foi a posteriori. Cando se enterrou esa ponte (...)
Participante: Ai, bueno, cando fixeron o embalse!
(...)
Samuel Gómez Díaz: Entonces, poi,i,is eso, había unha barcaza que cruzaba a xente dunha parte a outra. Non?
Antonio Reigosa: E logo fíxose outra ponte.
Samuel Gómez Díaz: Logo, fíxose unha nova ponte.
Antonio Reigosa: Como se chama a que está a,a,anegada? A que está? (...)
Samuel Gómez Díaz: A anegada chámase Ponte Fortes (...)
Antonio Reigosa: Ponte Fortes.
Samuel Gómez Díaz: Que era (incomprensíbel) falou aquí,í,í (...)
Francisco Almuíña: Porque Fortes foi,i,i (...)
Samuel Gómez Díaz: Fortes.
Francisco Almuíña: Digamos, o señor Fortes foi un dos que promoveu (...)
Samuel Gómez Díaz: Foi un dos que promovían un home, puis daquelas, pudiente de Taboada (...)
José Manuel Vázquez Rodríguez: Tiña un hotel en Taboada (...)
Samuel Gómez Díaz: Era un pouco referente de,e,e da,a,a da zona i púxoselle como,o,o (...)
Antonio Reigosa: I capo falan/ i capo falanxista.
(...)
Samuel Gómez Díaz: I, evidentemente, pois debía ser afín, supoño eu, a,a,a (...)
Antonio Reigosa: Casi seguro.
Samuel Gómez Díaz: Efectivamente.
José Manuel Vázquez Rodríguez: Bueno, era o señor, un dos señores de (...)
(...)
Samuel Gómez Díaz: Entonces, pois (...)
Francisco Almuíña: Rentabilidade, en vinte anos, seguro que lle sacou algho.
Antonio Reigosa: Entón, seguro que algunha intención tiñan máis (...)
Samuel Gómez Díaz: Si, si, si.
Antonio Reigosa: Que torturar aos presos que podí/ tiñan moitas maneiras de torturalos.
Samuel Gómez Díaz: Si, si, si.
Antonio Reigosa: Entón, a asociación, chamádesvos pa recapitular eu?
Ana Villamor Pérez: Friamonde (...) Vilar, Friamonde, Mourulle. Asociación vecinal cultural.
Antonio Reigosa: E sodes de veciños i,i,i (...)
Ana Villamor Pérez: Somos cultural tamén.
Antonio Reigosa: I o,o,o vídeo ten que ver coa paisaxe (...)
Ana Villamor Pérez: Todo coa paisaxe (...)
Antonio Reigosa: Con actividades (...)
Ana Villamor Pérez: Solo, bueno, actividade fixemos que non sei si a xente aquí foi.
Antonio Reigosa: Pero canto tempo levades?
Ana Villamor Pérez: Dous anos.
Autor/a da transcrición: e~xenio