Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: O tema dos bandoleiros que, a ver, se final e,e,e se os carlistas explicábase porque hai u,u,un desequilibrio,o,o e, bueno, había unha xente dunha clase determinada que quería manter, seguir mantendo as súas rendas i e os seus privilexios e,e,e despois había un desequilibrio tamén e,e,e da poboación e daba lugar a outro tema que era o dos bandoleiros. E os bandoleiros, aquí, houbo tamén nos, en 1840 e 20-30-40 un grupo mui grande, san martiño do, do Couto era o xefe dos bandoleiros que era O Zorro, e de 16 penso que eran na gavilla, oito eran de Vilar de Cabalos, ou sea, outra das parroquia d'aquí de Taboada. E, esa gavilla tamén foi bastante famosa e,e,e nesa época mesma, houbo un suceso que é dos máis lembrados na zona, que era en Bouzoa, que é outra parroquia d'aquí de Taboada, onde e,e,e a un señor pa que lles dera, dixera onde estaba o diñeiro, puxeron un pote a ferver e meteron o señor no pote. O señor morreu. I o,o,o e,e,e foron axusticiados, ou sea, un deles co garrote en Chantada, e,e,e e,e,e despois o outros catro foron, tiñan prisión permanente ou,u,u non me sae a palabra e,e,e e,e,e cadea perpetua. E, e, eso, iso si foi un suceso real e así está perfectamente contrastado
Participante: Pois eso eu sabes o que oín? E,e,en, vamos a ver, na, na, aquí no Toldao, despois do Toldao (...) Que familia era? (...) No. Era,a,an, vamos a ver, o Mariñao (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si (incomprensíbel)
Participante: Que había un vello que tamén viñeron a,a,a a pedirlle cartos e decían que si non llos daba que llo metían no pote aquel (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: O do, o do Mariñao tamén si, tamén se conta.
Participante: Porque como é así (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si, si.
Participante: Morto de fame pois (por iso)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Pero, pero o de Bouzoa chegaron, chegou, ou sea, o señor faleceu.
Participante: Eso tamén o oín eu.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si, si, si, foi bastante forte. E,e,e despois, unha gavilla que actuou despois foi a da Fentala. A da Fentala era unha señora que procedía de,e,e do Fental que é de Antas de Ulla, está (...)
Participante: si.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Linda, linda con Cerdeda, en Taboada, por cuestiós familiares ela naceu e foi bautizada na parroquia de Cerdeda no 1870, creo lembrar así, así de memoria e,e,e esa señora, tamén, atribúeselle que era a que capitaneou unha das últimas gavillas fortes aquí, nos anos 20-30, despois desapareceu, ou sea, a, A Fentala, bueno, nesa, nesa época,a,a e,e,e por Antas de Ulla,a,a e Taboada, Portomarín, Chantada, si, a xente maior todos teñen oído falar (ou) falaban da Fentala como a xefa dos, dos bandoleiros. E,e,e sempre se describía do mesmo xeito: vestida de negro, pequena, con sete coitelos e,e,e que poñía sempre arredor, deitábase nunha corte da palla... E,e,e sempre era o,o,o a,a,a as descriciós que se, que se daban sobre, sobre esta muller. Unha zona que,e,e, na que houbo unha forte, nos anos 30, foi en san Breixo, aí un relato, así, que me contara,a,a unha señora i que o vivira ela (incompensíbel) a protagonista e chegáronlle unhos, estaba coas vacas nun prado e preguntáranlle:
-Quen veu casar aquí da casa grande de Ladar?
E ela díxolles:
-Ninguén. Aquí non veu casar ninguén da casa grande de Ladar.
Despois, pola noite estaba na casa e chegaron os homes e, e volvéronlle preguntar:
-Conque non era ningún de Ladar?
Entonces, colleron e metérona nunha hucha e,e,e deixárona, alí, atrancada hasta que foi o home que estaba abaixo, subiu das cortes e,e,e e pudo liberala. E claro, ila era da casa, era, dicíame: "É que eu era de Ladar e traía dote pero eu era da casa pequena". (Incomprensíbel) Entón, pero bueno, era, era continuo, fora, fora continuo o, a presencia das, das gavillas desa época.
Participante: A Fentala era terrible porque meu pai era de san Lorenzo.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si.
Participante: De aí de Gondulfe. I a mamá era d'aiquí de Vilela i, entonces, o papá viña pa onde ela e despois polas noites inda paraban, aí, no, no Fontao e nas (incomprensíbel) nas tabernas, por aí estaban, e logo iles, il marchaba, marchaba por aí arriba (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si.
Participante: Por aí arriba por Piñeira e,e,e e de cara a Serén e (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si.
Participante: I á Cruz, qu'il era da Cruz. E díxolle, unha noite, dixo, así no inverno, dixo: "Vin unha muller toda vestida de negro, dixo, así, na beira do camiño". Dixo: "Era A Fentala". Dixo: "Era A Fentala". E dixo papá, díxolle: "Eu collín, ela estaba así, pa, pa unha beira i eu metinme pola outra beira, dixo e tirei pa riba, tira, tira, tira". Dixolle: "Ela colleu, mirou así pa min, dixo, ela baixou alí por unha carballeira abaixo". Dixo: "Pero non debía de estar sola, dixo (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: No. Sempre, sempre iba acompañada de xente e incluso, si (...)
Participante: Si,i,i. Dixo: Non debía, naquil momento estaba sola, pero dixo, eu que sei, ao millor estaban os outros por alá más por baixo.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Había un cura en san Xulián que lle chamaban José Toande e,e,e ese aparecíalle no Toldao, aparecíalle cunhos nenos e,e,e pedíndolle que llos levara na besta. Entonces (...) que se dera conta, que había xente como xa detrás e entonces que quitaron a medalla, que era,a,a unha arma e xa desaparecera todo o,o,o (...) Pero si, o da Fentala era, era común (...)
Participante: Si, si. Ademais debía de ser coma un home.
Lola de Fiúnte: Pero,o,o eu unha vez, eu (mataba) ao meu irmán, ao que me seguía a min. Eu era valente, eu non tiña medo a nada pero (il) era u,u,un (cagaleta). Eu viñen buscar unha colcha a unha chica das Carballas (...)
Participante: Si.
Lola de Fiúnte: I encontrei no camiño un chaval, xa morreu o pobriño, era mui bueno pero era mui pillo e como sabía que eu non tiña medo qu'il era compañeiro do meu irmau, díxome: "E ti non has ter medo cando volvas?". Díxenlle: "A quen? Ter medo?". Pero había u,u,un castiñeiro vello na beira do camiño, chamábanlle un carocho, como se lle queira chamar (...)
Francisco Almuíña: Si, si, si.
Lola de Fiúnte: E pareceume que fixeron ruído, eu desconfiei do que viña cas vacas, i era o meu irmau que lle dixeron que me fora salir. Había que pasar, así, por un soutiño cerca de Fiúnte, s'eu andaba moito, el andaba moito; s'eu anda/ s'eu paraba, el paraba. Collín unha pedriña e batinlle nas narices. E boteime a correr pa a casa, a pedra era pequena, eh! Marchei a correr pa a casa, e dixéronme, díxome a ermá: "E logo Javier?". "Eu Javier non o vin". E dixo,o,o díxenlle eu: "(incomprensíbel) che queda morto na casa do Penedo". Había unha, un montón de,e,e de cando xuntaban coa agua, alí viña un regueiro, e xuntaban eses coíños que quedaban limpios, non sei pa que era, pedriña desa. Eu collín aquelo e (incomprensíbel). Dixen eu: "Pois vamos ver". Eu pensei que era o Pepe de González pa me poñer medo a min! Como eu lle decía ao meu irmau que era un cagán! Oes, (saíulle) unha cousiña como se fora, do así, dunha agulla gorda, (dei ca casa), como sería cen metros donde eu lle tirei, pero podía morrer daquelo se non lle van, el víñase rindo. Vaia broma! Dixo. El sabía que non lle tiña medo (...)
Participante: Non sabías quen era.
Lola de Fiúnte: Eu pensei que era o outro, como viña coas vacas (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Ben. Todas as historias da Fentala e similares teñen, tamén, unha explicación, ou sea, porque se transmite (...) Era para sinalar comportamentos determinados para, bueno, dalgún xeito, educar e (incomprensíbel) a poboación e tamén educar. Ou sea, si, si hai un trasfondo máis grande de, de simples anédotas que tamén as hai, pero que si, si, (sin) significar algo máis.
Autor/a da transcrición: e~xenio