Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Recentemente, sobre todo Francisco sabe,e,e, bueno, dentro destes proxectos da Ribeira Sacra, como patrimonio cultural e,e,e comezáronse a declarar BIC, e,e,e non quero esquecer un, un peque/ pequeno apunte. Aquí, hai unha señora que é descendente dos Ferraias, os Ferraias compuxeron a Muñeira de Chantada. Se hai unha peza que é patrimonio de os galegos ou sea, de verdade, é a Muñeira de Chantada porque é a peza máis escoitada, é patri/ A ninguén, dos técnicos nin dos grandes ocurrentes que se declaran ou fan estas declaraciós de patrimonio de e,e,e nin patrimonio da humanidade, nin como ben de interés cultural, nin como nada, se lle ocurriu pensar que a Muñeira de Chantada é unha peza que é patrimonio dos galegos (incomprensíbel). E como bueno (incomprensíbel) do primeiro ocurríuseme, pois aquel, creo que era Vitorino, o outro Teodoro, creo que era.
Participante: Si, era o meu abuelo.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si. Os que, que era
Participante: (Dos) irmaus.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Que era os que en realidade que seguramente viña doutras pezas anteriores, igual cos esgrafiaos, igual que os guerreiros, ou sea e,e,e hai unha trasmisión na literatura oral e tamén, claro, eu lamento pero me di, tanto a literatura, (si) i máis, máis outras artes pero e,e,e si hai, hai esa, esa misma,a,a revisión constante i ese, i ese mismo saber universal que se vai, vaise trasitindo, vaise modificando en, en pequenas zonas como os esgrafiaos, pois se van facendo máis (incomprensíbel) nesta zona da Ribeira Sacra en concreto.
Participante: Pero Chantada non tirou moito por eso.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Non tirou nada. Non. É o que é peor é que algúns pensan que decindo que é, que é do gaiteiro do (Ventosela) ou que é de non sei canto pois que lle dá máis importancia. (...)
Antonio Reigosa: Patrimonio inmaterial evidente (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Claro, ou sea, si hai, si (é) algo que é patrimonio, (e lle é) patrimonio e,e,e desta zona, en concreto, e de todos os galegos é a Muñeira de Chantada.
Participante: Pero eu oín decir, porque eles eran de Outeiro de Mariz (...)
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Si.
Participante: Eu oín decir que as partituras que tiñan, cando,o,o unha das descendientes da casa da aldea, cando fregaba poñíaas de papeles pra pisar e perdeuse todo. E cando se deron cuenta de facer algo, habían morto tódolos daquela época e non había testigos.
Antonio Reigosa: Bueno.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Xa.
Lola de Fiúnte: (Incomprensíbel) importancia ás cousas, muller.
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Ben.
Antonio Reigosa: En todo caso, disculpade a interrupción, é unha peza popular que se está reinterpretando costantemente. Realmente non fan falta partituras nin nome de autor pa declarala e protexela (incomprensíbel).
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Ou sea é que en realidade, hoxe, ninguén a pode declarar como obra propia porque eso non, non, non se (podría) hoxe, xa é unha obra popular e,e,e pero ben, (incomprensíbel) si é patrimonio.
Autor/a da transcrición: e~xenio