Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Dun xeito rápido, a cabeza,a,a que é a cabeza dun guerreiro castrexo, sabemos que é a cabeza dun guerreiro castrexo do trinta e tantos coñecidos que están localizados no norte de Portugal e Galicia, e,e,e porque leva un casco pola parte d’atrás, e se lle nota a liña do casco, e,e,e e o torques que era tamén un complemento habitual dos guerreiros. E,e,e normalmente, os outros guerreiros, tódolos que hai completos, outros (incomprensíbel) e outros están, están (...) Hai cabezas soltas tamén, noutros casos, corpos. Si aparecen co,o,o con vestimenta, con espada e daga e con escudo para protexerse, e por iso se di que é un guerreiro. E,e,e a función en si é bastante descoñecida, ou sea son todo interpretaciós podía estar aí,í,í para,a,a simbolizar un xefe dunha tribu, igualmente, para recor/ lembrar un antepasado, podía estar nunha posición defensiva no castro, nas murallas que é onde se suspeitaba e, ultimamente si apareceu un nese caso; o que si se sabe é que estaban policromados polo e,e,e igualmente sospéitase que era unha figura enteira co cal tería catro metros de altitude. Dicía Francisco antes que era o que tíñamos máis grande por aquí, bueno é o máis grande que hai de Europa, tanto torques como,o,o representación escultórica; tería como catro metros de altura si fora completo, e de tódolos xeitos a cabeza que hai, o tamaño da cabeza, ou sea o cabezón máis grande que hai en Europa, i o torques máis grande que hai en Europa. E,e,e (...)
Francisco Almuíña: De aí que os de Vilar seamos tan cabezós.
(...)
Participante: Non sabes, Francisco?
Francisco Almuíña: Eh?
Participante: Que o levaran d’aiquí do Castro donde pasou ahora a carretera.
Francisco Almuíña: A ver, eso está, eso está claro.
Participante: Porque tiñan, aí, unha finca, tiñan aí unha finca, e se conoce que estaba na finca diles porque (incomprensíbel) o Julio moitas veces, de que o levaran aí do Castro. Dixo: "Levámolo do Castro e puñémolo alí pa que non lle deran os carros alí na, nas portadas".
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: E,e,e eso, son figuras castrexas e,e,e que meternos no tema indoeuropeo, celta, e,e,e do Hallstatt ou La Tène que son dous lagos, un en Suíza e outro en Austria onde hai esas figuras por Europa igualmente. E,e,e,e bueno i a ese tipo de representacións con torques. E,e,e que aparecen normalmente descontextualizados, normalmente é eso, aparecen en sitios sin saber por onde, nin, nin con, por que pero evidentemente, o seu orixen ten que, ten que estar aí no Castro evidentemente. E pouco, e pouco, e pouco máis, a figura,a,a en si é chamativa sobre todo (e) polo simbolismo que pode ter tanto para os veciños de Vilela, ademais de para a propia familia pois para todos ou sea, porque o patrimonio non é só algo propio dunha familia, tamén é un pouco colectivo no sentido de que é unha representación de todos.
Participante: I agora onde o teñen? Téñeno así?
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez: Está dentro dun patio, bueno, como aquí (no exterior) (...) Exactamente. (...) E bueno, esa sería unha explicación mui rápida. Se alguén ten un pregunta, pois, metémonos.
Autor/a da transcrición: e~xenio