Eu espero que esto non sea un viacrucis pa vós i eu, do que, do que millor ahora ou do que máis a gusto me sinto, é cantando. No? Cando decía,a,a Antonio do, do tema da vista, e,e,e bueno, é unha das cousas que máis me gusta ahora é que hai xente que me di: "Francisco, aos cinco minutos esquecémonos de que eres cego". Pois eso é macanudo porque se fixen máis no,o,o no que un vai compartindo que noutra cousa. Non? Evidentemente, as situaciós pois a veces na vida, todos temos cambios de vía e cousas que,e,e pensamos que temos que ir p'alí e a vida encárgase de mandarte pa outro sitio i, a min, a verdá, que me agasallou con unha,a,a ou me compesou con unha vivencia i unha experiencia que de non ter perdido a vista, nunca na vida houbera, houbera vivido. No? I é o feito de redescubrir, digamos, pois, todo o mundo da,a,a da tradición oral, todo o mundo dos cantos das cegas e dos cegos, que había moitas cegas e,e,e cantando e gañándose a vida por aí e sobre todo, pois eso, tratando de, de sacar adiante unha familia porque a veces tamén temos un sentido mui romántico ou mui idealizado do que era a vida desta xente. No? I esta xente o único que pretendía era, a cambio do, do arte que eran capaces de trasmitir pois de tratar de gañarse,e,e a vida.
Autor/a da transcrición: e~xenio