O Santo San Cibrán é un santo mui antighuo, mui antighuo, mui antighuo! E é verdá o que dixo miña irmá: naceu onda a fonte da (incomprensíbel) e alí apareceu porque en Tomeza hai cen anos e hai cento cincuenta anos e hai ochenta anos, solo aprendían, os homes que nacían alí solo aprendían a canteiros. Eran canteiros, e iban a facer pedras ao monte facían (incomprensíbel) e había que, ao mellor había unhos penedos, fun moitas veces tamén a axudarlle a (incomprensíbel) a papá, a limpialos: había que sacarlle a terra, as pedras e despois eles tiñan unhas xuntas así parecidas a estas metían (incomprensíbel) e facían o (incomprensíbel) e abrían os penedos e facían as pedras. Bueno, e entonces daquela era unha fame moi ghrande que había daquela, hai cen anos ou por aí,cen anos, había muita necesidá, muita, muita, e elí tiñan qu'ir todos a facer unha pedra, ou media, un día facían unha pouca, outro día facían outra pouca, e cando ó cabo da semana vendían un viaxe de pedra. Un viaxe de pedra me parece que son cinco metros. Agora xa non me acorda ben, pero antes sabía ben cantos metros tiña. Non sei, bueno, e ao acabar do sábado vendían un viaxe se tiñan ou vendían dous. E logho despois usaban eses cartos e pa arreghlar a casa, pa aceite, pa pan, pa comprar un calzado, ou roupa, pa arreghlarse, non?, todos.
Resulta que veu un inverno, empezou a chover, a chover, a chover, a chover, a chover, a chover, e entonces iban pa alá e non podían e uns xa tiñan alí o que dixo ese, unha chouciña e xa se abrighaban alí. Tapárano cunhas lascas por riba e despois (incomprensíbel) e metíanse naquelas chavolas e un día chovía, ao outro chovía. Isto é verda eh, que pasou alí, cerca da nosa casa, donde eu vivo no, onde eu me criei, na casa donde vive aghora miña irmá, mui cerca de alí, pasoulle a un fulano, a un home de alí. E dixo: e hoxe non podo facer nada, e ao outro non podo facer nada. E outro: pois a culpa tena o santo porque está coa cara pa, pa o mar e xa está así, a culpa tena toda o santo, pois aghora vouno joder, dixo o home aquel. Marchou alá cun ferro e alá lle dou, alá lle dou, alá lle dou, alá lle dou e púxoo coa cara pa o monte de Loureda e coa espalda pa o mar. Marchouse pa a casa, ah, pero ao outro día á mañán apareceu cos brazos así. Foi verdá eh! Foi un veciño noso, de alí de Tomeza. E a muller díxolle que (incomprensíbel) ahora inda viven netos dese home, e dixo: pero logho ti como che pasou iso, e logho ti, el alá debeulle dicir non? o que fixera. Ai, home pois ahora tes qu'ir alá a darlle volta. Entón dixo: e como vou ir, que eu aghora non podo, claro coas mans así non iba poder colle-lo ferro, foi a muller con el e alá non sei se foi algún fillo e foron e meteulle / tiña aquí o brazo, disque meteu o ferro así por aquí e conforme puido llo foi poñendo e o santo é tan alto coma min eh! E así de corpo, si sabedelo ben que...cuidado. Un santo. Ai, non é / pouco menos será ca min eh! E é de pedra, e un santo mui / todo de pedra. Pois hasta que o puxo conforme está hoxe e marchou sano sabes? E mire, eu non quero nada con un (incomprensíbel) , con nada, non quero botar contra ninghún santo. Eu creo muito en Dios e nos santos tamén e non quero botar contra ninghún santo porque así e todo non as faghas eh, porque ese paghounas.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro