E eso asunto de que dicen que non hai bruxas ((risos))e que, e que, e que os (incomprensíbel) das bruxerías do San Cibrán que é un conto, eso é mentira. Iso é muito verdá que hai bruxas!E hainas moi malas! E eu seino porque por min pasou. Se volo conto é porque por min pasou. E o San Cibrán e muito devoto da bruxería, si señor. É devoto da bruxería, e dice que son sete irmáns, que poden ser, que é Santa Comba, San Cibrán, Santa Ana, San Andrés de Teixido, As Cabezas, A peneda e A Ghía. Pois ese son os sete irmáns de San Cibrán e dice que miran todos os uns ós outros donde están. Nos sei se é verdá, se non. Eu sei que todos están nun alto, pero san Andrés de Teixido está no fondo (incomprensíbel) e non sei cal é o que mirará a San Andrés de Teixido. Será A Peneda que está no alto? Non sei cal deles é o que mira, dice que se miran todos uns ós outros.
Bueno, pois eu referíndome a San Cibrán e ós, ós que lle iban face-lo remedio a San Cibrán o que máis, máis sona tiña e mais remedios facía era o defundo do señor (incomprensíbel) de Santa Marta. Non sei se vos acordará? Ese era o que facía os remedio, iba nun cabaliño ou nun burriño, non sei que era e iba a San Cibrán e pedíalle a chave ó cura, ó defundo de don Manuel, o que nos bautizou a todos nós, e dáballa e dáballe a chave pa ir facer a San Cibrán os remedios, a dentro da capilla. Pero despois, morreu aquel cura, e os outros que viñeron xa non deron a chave.
E despois el facía os remedios na casa á sobriña, ou a nora ou non sei se era. Era nora. Facía os remedios na casa e efectivamente que / eu fun eu misma porque tuven necesidá de ir a xunto del a face-los remedios e tiña unha (incomprensíbel) a máis tiña como unha estola que poñen os curas que agora xa non sei se a poñen se nón cando dicen a misa. Tamén a tiña e co aquelo facía o remedio á defunta (incomprensíbel).
E non dighan que non hai bruxas, hainas, húboas sempre e sigheas habendo porque esas bruxas veñen de herencia e son personas que teñen esa mala vista porque Dios lla dou, pero fano se queren porque se non foran querendo tamén llo facían ós da casa, mirando pa os da casa tamén lles facía mal.
Pero no, fano a quen queren facelo, si non non llo fan. E eu sei que as hai e húboas toda a vida e seghiraias habendo. E o defunto e....e o que fai o san/ o que fai o remedio é o santo, que non é os que van alí porque aquel señor (incomprensíbel) e o defundo do(incomprensíbel) que o pobriño non sabía nada de nada. Hasta non sabería nin rezar, pero ao mellor viña un día un desos que tiña o mal e viña ai dios quen fai o remedio e tal e iba con eles dáballe un peso de aquela ou cinco pesos e xa estaba. Pero quen facía o remedio era o santo que non era o que iba por el. E o santo é o que fai o remedio porque a min, por min pasou e antes de ahora, xa hasta tuven a necesidá de ir alá cunha vaca a San Cibrán e sabedes quen foi comigho axudarme a levar a vaca, que eu tiña medo que nos parou de comer redonda e non tiña fiebre non tiña nada, foi o defunto de Emilio Martínez os de, os de Santa Comba, o...como lle chamaban ó...o de Rosa de Pepe ese, si o soghro do fillo máis vello fai comigho a levar a vaca a San Cibrán.
E cando viñamos de volta que viñamos, fumos por alá, por onda o cementerio do, pa arriba polo medio dos matos e pa baixo viñemos polos (incomprensíbel) pola carretera e cando viñemos pa baixo a vaca xa facía por comer polas cunetas; tan verdá como estou aquí sentada a contárvolo eh. Despois dicimos que non hai bruxas. Hainas e ben malas Ese é o ((ruído)) que teño de San Cibrán. San Cibrán fai o remedio. E pa ir a facer o remedio a San Cibrán non fai falta ir nin con (incomprensíbel) nin con nada, vai un e dá nove voltas arredore reza nove padrenuestros, nove avemarías e bota unha monediña de cada vez que xa ten a porta alí un burato ((ruído)) sempre que sea o mal da bruxería. Sempre que sea o mal da bruxería. Ese é un santo que ten esa, esa devoción.
E non pasa, non pasa...e o que dicen que é mentira que hai bruxas, que non as hai minten porque hai bruxas e hóuboas toda a vida e hainas e sigueas habendo, eso seino eu e seino porque por min pasou, porque vou, vou facer ahora ochenta, ochenta e sete anos e pasou moitas por riba de min. E eso é o que sei do santo de San Cibrán.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro