Ben, a min contratoume Xosé, o dos Chichisus, bueno contratoume pero non me pagou, non vaiades a pensar os outros que vades a cobrar. Contratoume Xosé para que fale un pouco da transmisión oral, dos contos de lareira que antes se contaban: eu teño que dicir que non teño gran cantidá, non teño practicamente nada de transmisión oral, tal vez pola miña propia historia non? Cando eu nacín faleceu miña nai i quedamos sete fillos pequenos i estou seguro que o meu pai, despois de vir de traballar todo o día hasta as / daquela non era todo o día era todo o día e media noite hasta ás once ou as doce da noite tiña poucas ganas de sentarse na lareira a contar contos. Tamén pode haber influído que meu pai era, como eu son agora, absolutamente agnóstico, agnóstico da igrexa e, por tanto, de esa rama de, de menciñeiros, de, de fadas, de, de lendas que, que claro naqueles tempos non había outra cousa que facer, non había outra cousa con que asustar os nenos, non había por suposto televisión nin radio, entonces pois sería seguramente o motivo de que houbese esas xuntanzas familiares e a veces veciñales para contarse contos, casi sempre contos de pouco, digamos de medo non? De, de terror.
I digo que debido a esa, a esa falta de crenza na iglesia e, por tanto, tamén nestas cousas que son, eu considero que son unha, unha máis ou menos unha rama da igresia, cousas delas máis antiguas que a igresia, que logo a igresia se apropiou delas. Como sabedes, pois, a igrexa perseguiu á bruxería, ao bruxos e ás bruxas cunha forza inusitada, dunha maneira salvaxe, chegando a queimar, sobre todo mulleres, non sei porque. A queimalas por bruxas, e non eran, non eran bruxas, non existen as bruxas. Eran personas que vivían, non sei si da súa listeza, da súa intelixencia, da súa transmisión de as personas antergas para facer eso que lle chamaban curacións. Non sei si curaban ou non, eu non creo absolutamente, sin embargo teño algunha experiencia que me fixo pensar que, que pode que habera algo, porque eu estuven en, con un curandeiro, unha persona desas de imposicións de mans, en Sarria, nunha aldeíña de Sarria e realmente quedei impresionado non? Non polo que dixo nin, nin nada deso, pero sobre todo polo seu aspecto, pola súa forma de, de estar, de falar, de, de evitar mirarche de frente, en fin...parece que aquel home tiña algunha cousa.
Entonces dentro desta, dentro desta, desta pleyade de xente, concretamente Tomeza que ten unha fama enorme, donde hubo bruxos e bruxas mui importantes, tan importantes como era o Manso. O Manso ten unha serie de historias que se poden contar del, que calquer veciño de Tomeza pode contalas, que non era menciñeiro, nin sabía nada de nada, era absolutamente analfabeto, pero era listo. Non era culto, ao mellor nin siquera intelixente, pero era listo mui listo. Dicen que a listeza daia a fame e el pasaba muita e os seus fillos muitísima tamén. Hai unha frase del, debido aos fillos, porque parece ser que sabía facer muitos fillos, pero logo non sabía darlle muito de comer i cando había algún problema decía, mis hijitos joder, mis hijitos, todo era para os hijitos pero logo bebíao na taberna el.
Entonces entre muitas anécdotas, seguramente el que mirou que na parroquia había muitos bruxos e bruxas e que era unha cousa tan doada, tan fácil de, de, de facer con un pouco de chispa, con un pouco de listeza, que eu o que creo que tiña era listeza, era unha listeza natural, acuciada pola necesidade. Pero bueno, daquela época moitos estábamos tamén acuciados e sin embargo non tíñamos esa chispa de, de, de saír por aí, por ese, por esa maneira de gañar os cartos.
Recordo que me contaba a miña sogra, que inda era unha rapaza, i el xa tiña fama de menciñeiro, i el vivía como un quilómetro máis arriba da nosa casa, nós vivimos todos alí no Marco, onda o río dos (Gafos) abaixo. I entonces un día viña unha, unha familia, unha señora, un matrimonio, para, para ir a consultarse co Manso, i claro, aquela xente pois era un pouco...como che diría eu?...non querían que soupera que iban á bruxa. Eu teño unha, teño unha anécdota personal de un pariente meu que eu levei, precisamente a ese bruxo de Sarria, e cando saliu da casa acostouse totalmente no coche, no fondo do coche, no asiento de atrás pa que os veciños non superan salir porque levaba mente de que iba a un, a un menciñeiro, a unha cousa destas i tiña medo que ao velo pasar a xente xa sabía que iba para aí e nadie sabía para donde iba.
Entonces esa, esa familia que viña, ese matrimonio ou ese ou non sei se era con nenos ou sin neno preguntáronlle a miña sogra. Entón díxolles: si vive aí arriba, vai por aí nesta casiña tal, tal, tal, tal. Pero ela díxolle: se fixeras o favor de vir con nós, porque unha das cousas que máis temía aquela muller era ter que preguntar polas casas do vecindario donde estaba o bruxo, onde estaba o menciñeiro, dáballe verdadeiro terror. Entón foi, foi, díxolle donde era a casa, entrou e entón tal. I ao día siguiente veu o Manso e ao pasar pola casa de miña sogra doulle unha peseta. Dixo: todos os que encontres por aí tráemos que eu vouche dar unha peseta. Ela era unha rapaza aínda e pasados xa algúns anos traballou de xornaleira na casa do rico do barrio, que era o conde de
bugallal, todos conocedes aquela granxa que hai alí. E como o xornal, desde as sete da mañán ou as seis da mañán hasta as once da noite ou así, que eso era o, o diario de un traballador daquela época, incluso de algúns obreros dábanlle dúas pesetas i este señor, xa anos antes, dáballe unha peseta só por levarlle, imaxinarvos si o tipo cobraba e facía negocio.
Entonces, entre moitas cousas que fixo, fixo unha, unha noticia que saliu no periódico, na escuela naval militar donde se formaban os caballeros alumnos, estos cadetitos que, que salen da marina i hubo un roubo, entre eles hubo un roubo, desapareciulle a carteira a un dos alumnos. I aquelo foi terrible claro, porque eran caballeros alumnos e non podían roubar, aquelo non podía, non podía pasarse. Pero a pesar de todos os interrogatorios e de todos os castigos e de todas as cousas que fixeron militarmente e de que a policía chegou a intervir non hubo maneira de saber quen era. E el enterado polo periódico e tal e tal dixo: aquí hai un gran negocio. O que non sabemos, ou eu non sei é canto cobrou, pero debeu cobrar bastante en aquela época.
I entonces foi á escola naval, entrou alí, preguntou e dixo: eu podo descubrir quen foi o que roubou a carteira; e como non había xa máis salida pois si que o contrataron. Entonces chegou o momento e mandaron a formar, mandaron a formar os alumnos todos. As promocións son de cen, de cento e pico ou así. Todos formados, fixo unha especie de túnel oscuro e puxo unha galiña dentro na total oscuridade e díxolle ahora tendes que pasar cada un de vós por dentro dese pasillo e tocarlle no lombo á galiña, cando pase o ladrón xa a galiña cacareará, non hai ningún problema. (Entón) descubrirá quen é o ladrón con toda seguridá. Aquelo era un pouco escéptico, claro, as personas, os militares, non creían muito neso pero xa estaban metidos no allo e non tuveron máis remedio que, que seguir o tema. I entón empezaron a pasar, empezaron a pasar, empezaron a pasar, pero el había tido a precaución, a galiña xa era negra, pero encima pintouna absolutamente de negro e empezaron a pasar, a pasar, a pasar, a pasar, a pasar, foron formando de novo e cando estuveron formando de novo, pos díxolle ao que os mandaba que enseñaran as mans todos. Entonces enseñaron as mans e solo había un coas mans blancas completamente i a galiña non cacareou pero demostrou / encontrou quen era o....
El xa tiña unha fama terrible pero a partir de eso era, era tremendo. Debido a aquela necesidade de, de, de alimentos e da fame que se pasaba pois chegaba a pidir, a parte de, de, os pesos e das pesetas que cobraba, pois ao mellor un garrafón de viño, bebía moitísimo, unha garrafa de viño ou un molete de pan, aquel pan que se facía que fai anos se daba na pascua os, os, os padriños ós, ós rapaces. E pedían un pan de molete que a maior parte das veces non chegaba á casa non? Marchaba cos amigos a, a, a comelos nunha taberna ou en calquera outro lugar.
Ten un montón de anécdotas, ten unha no, no, no cementerio de, de San Martiño, aquelas personas que van, que queren falar cos seus, cos seus mortos i hai personas, hai muitas personas desos videntes, desos menciñeiros, desa xente curandeira que che fai, que che fai crer ou non sei si realmente olles que falas coa persoa que está morta.
Eu concretamente tiven un amigo, é da miña edá, que tiña moitas desgracias, caía da moto, caía de (incomprensíbel), caía de, caía das obras e tal. Estaba mui mal e entonces foron, levárono á bruxa e foi e veu absolutamente, a min contoumo, solo a min claro, absolutamente convencido de que falara co abuelo e que o abuelo necesitaba misas, que non llas fixeran, i eles fixéronlle as misas aos abuelos e nunca máis volveu a caer. Non sei si andaba máis despacio na moto ou máis coidado na obra pero non volveu a caer máis.
I este no cementerio contratou a unha persona, un par de personas, un par de amigos daqueles que andaban con eles por aí pola taberna, foron para, para a tumba, ás doce da noite, naturalmente, tiña que ser para dar máis medo, máis impresión, máis terror e os outros, pois, cando el lle pedira ó morto, cunha voz un pouquiño alta, pa que o oíran fora e o morto se presentase, pois daban un par de golpiños na porta, i entonces os, os, os que iban alí con eles quedaban absolutamente impresionados. I así, así, colleu unha terrible fama, unha terrible fama sin saber absolutamente nada. Tan nada, que a veces iba, el, el, el despois terminou, claro, xa pouco a pouco foi, foi, foise armando de, de ferramentas e comprou o ciprianillo. O ciprianillo xa sabedes que é un libro que solo fala de bruxería i colleu o ciprianillo para face-las curas, pra face-las / os remedios.
Os canteiros de Tomeza fixeron non sei si varias, pero queda unha aínda, unha casa de (incomprensíbel) de pedra, unha pequeniña casa, mui pequena cunha porta para meterse alí posiblemente cando chove ou cando chovía, ou ao mellor para comer ou algo i alí os levaba i os metía, a parte de na capela de San Cibrán, claro, que eso xa era maxistral, pero tamén os metía alí por exemplo un día de chuva i chegaba, collía o ciprianillo e enseguida empezaba a facer que leía, porque non leía, entonces, claro, un día chegou, abriu o libro e púxoo co de riba pa baixo, entonces a señora que estaba detrás que, claro, o remedio era pa ela, a súa filla dille mire que ten o libro ao revés. I a reacción del, aí se demostra o listo que era, o rápido de reflexos e dixo: non, non, non é que estea ao revés, é que ten que ser así i seguiu o remedio sin problema.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro