Xusto García Castro: Da salvia podíamos empezar, podíamos empezar a falar ahora, e non terminar nunca porque a salvia é a planta máis universal; digo a máis universal porque sirve pa todo. Pero, sempre hai un pero; como tódalas plantas teñen as súas incompatibilidades, i a única que (é) que ten a salvia, eh! todas as que teñan cara roja e cargación de sangre (incomprensíbel) aos glóbulos rojos, que se producen na sangre, non? os que teñen todo eso non deben tomar salvia porque a salvia é estraordinaria pa os glóbulos rojos, fortaléceos e entonces po/ ponos más rojos.
Antonio Reigosa: Aumenta.
Xusto García Castro: É pa os contrarios, pa os que (esteñan) (incomprensíbel) e eso (...)
Antonio Reigosa: Pa os descoloridos mellor!
Xusto García Castro: Con/ Cóntolles esa,a,a esa cousa pero,o,o da, da salvia (...) Me gustaría decirlles que si ustedes van, cruzan o Pirineo, pa, pa ao outro lado como digo eu, e,e,e me (me confundía ahora). (...) Un vai fallando!
Antonio Reigosa: No,o,o. Non se preocupe.
Xusto García Castro: Pero a salvia é pa todo. Pa a ciática, p'artritis, e,e,e si un, si un está decaído; sobre todo pa os anémicos. É pa todo, calquera enfermedá que teña pode tratarse (con ela) O que pasa, hai que saber como, como (...) Pode, pode facerse por pediluvios, maniluvios, por infusión; incluso, neste libro que xa verán, trae, tráeno moi ben esplicado, moi resumido, porque hai moitos ao millor que enredan moito e complican a cousa, este nada, muy sencillito. E,e,e incluso fan, como lle chama? a través de (...) unha cousa que a min non me gusta, a través de vídeos e eso fan (vinagre) e cousas deso, pero claro, mandan tomar unha copiña, unha copiña ou unha cuchariña do, do café pero con todo eso, é un alcol que vai ao corpo, i eu desa opinión, non.
Autor/a da transcrición: e~xenio