J. Luis Carreira: Son d'Aldea é un proxecto que xurde alá polo ano 2010, ou así, pois (estábamos) dándolle voltas a facer algún tipo de evento, de xerar autoestima, de facer algo (incomprensíbel) que pudera poñer en valor a,a,a bueno, a cousa do rural. I, eu falaba varias veces con Afonso que estaban ca,a,a coa mostra de teatro, entón eu llo dicía (e Afon/) como sempre, nunca di que non, pero non, non acababa de callar, non sei por que. Bueno, non sei, ao millor tampouco, inda non tiña claro, eu non tiña claro aquelo que eu tiña na cabeza que tampouco non é, ao millor todo o que é hoxe, pero que algo andaba por aí, e,e,e fai un viaxe, alá, a Suecia, non?
Afonso García Penas: Efectivamente, fago unha viaxe a,a,a a Suecia, a Estocolmo, i en Estocolmo e,e,e con outros dous compañeiros, Xosé Manuel e Xerardo, visitamos e,e,e o museo Skansen ao, ao aire libre, non? onde persoas chegan pola mañá, se visten de actores i actrices, i,i,i desempeñan os oficios tradicionais e,e,e do rural. Entón, iso unido a outro detalle que,e,e xa pasara en novembro do,o,o 2010, en Palas, celebrárase en novembro, o 27 de novembro, o X aniversario da creación da Federación Galega de Teatro Afecionado, FEGATEA, e,e,e que naceu precisamente polo impulso de Metátese Teatro, i por eso quixeron celebrar, aquí, en Palas e,e,e ese X aniversario. I, nese X aniversario, e,e,e fixeramos un roteiro teatral pola vila. Ese roteiro teatral que fixemos na vila de Palas, ese 27 de novembro, para conmemorar o X aniversario, máis despois en xullo, esta visita a Suecia, e ao museo Skansen foi o que conxuntou, impulsado por Luis, que temos que facer algo, temos que facer algo, temos que facer algo i aí, pois, encendeuse esa luz. I, o,o,o o 3 de,e,e setembro do,o,o ano 2011 aparece e,e,e a I edición de, de Son d'Aldea.
J. Luis Carreira: I, en canto a eso, cando pensamos en como chamarlle a,a,a porque claro, Son d'Aldea non xurde así como bautizamos esto pois e,e,e tamén tuvemos a sorte qu'estaba por aquí o,o,o noso creativo (incomprensíbel) Gonçalo Mota que é un portugués, que fai toda a (creatividade) de Son d'Aldea, estes cartaces tan bonitos, esta cousa con moito mensaxe, pois tivemos, así, dándolle voltas (...) Queremos facer algo que sexa ter estima, ser de aldea, ser, ser, son, non sei que, bueno que con ese xogo de palabras pois nos quedamos con Son d'Aldea, non? Que, son, de ser; son, de sons d'aldea; e son, de ir ao son d'aldea tamén. É dicir, vamos co son, esto non se emprega moito este termo, pero, entón eses tres termos xuntos, Son d'Aldea, que a verdade que foi mui acertado e,e,e aí xurde, xa, o,o,o bueno, bautizarlle o nome a este evento que facemos no,o,o e,e,e ahora, cada ano, desde xa fai oito edicións.
Afonso García Penas: Si. No primeiro ano, e,e,e simplemente houbo a xornada do sábado i,i,i non ti/ tiña un formato un pouco diferente ao actual; foron seis escenarios e seis transicións. Realmente, as transicións chamámoslle a escenas dunha duración máis curta para compensar os desprazamentos entre escenario porque e,e,e o público que vén a Son d'Aldea é recibido por actores, actrices caracterizados da época dos anos 40 e 50 que é onde se centra o Son d'Aldea, i,i,i vai percorrendo diferentes e,e,e diferentes escenarios. Pois ese primeiro ano, na edición de 2011, e,e,e eran seis escenarios cunha duración de vinte minutos, i,i,i seis transicións que duraban entre os tres i o,o,os dez minutos, para compensar ese percorrido, non? I,i,i centrábase, pois estaba aquí, na aldea de Albá, centrábase en diversos oficios e,e,e tradicionaes, pois aquí na Rebordela, por exemplo, elaboraron o queixo, o,o,o e,e,e tamén elaboraron pan, e,e,e tamén estiveron os carpinteiros, estiveran cavando no monte para, para sementar despois o trigo, e,e,e ben. Eso foi o inicio porque a partir desa primeira edición de 2011, que se cele/ que foi aquí co,o,o basicamente, coa veciñanza de Albá, e que había en total naquel 38 persoas participando, e,e,e xa na segunda edición apareceu, tamén, a xornada do, do venres, non?
J. Luis Carreira: Si. A xornada do venres era un pouco, o que buscábamos era que ao mismo tempo de facer unha, u,u,un un evento de estima de ser de aldea, que se faga tamén unha sesión de debate un pouco máis, digamos máis académicas, si se quere chamarse así, para debater sobre temática sobre o rural, porque é algo que tamén, que aproveitando xa que ao día siguiente iba haber un, unha, digamos, unha mostra do que era os valores da aldea, pois tamén poñer en cuestión, xa máis pensada no de hoxe, non? É decir, na actualidade que pasa co rural, e empezamos a facer (esas) xornadas do venres como, como algo máis para unhas 80-100 persoas.
Afonso García Penas: I buscamos a esencia, é decir, xa tamén non segundo ano, bueno variou (...) Primeiro dicir que variou o formato, de seis escenarios de duración de vinte minutos, pasouse a oito escenarios cunha duración de dez minutos, cada escenario, i oito transicións que,e, e en torno aos tres, cinco, seis minutos, non? I, aí, comezou tamén o crecemento en canto a número de participantes. E,e,e xa foron máis os participantes, en maior número, pero tamén empezámonos a expandir e,e,e en canto a máis espazos, e,e,e máis aldeas i xente de máis aldeas, xente, incluso, que viñera o primeiro ano como espectador, espectadora, eso é unha constante ao longo dos oito anos, xente que veu como espectadora i que agora pide participar como actor e como, e como actriz. É decir, pois serviu de,e,e serve de punto de encontro, de intercambio, e,e,e de experiencia, de for/ de maneira de facer nun, nos distintos lugares i,i,i e,e,e tamén, a partir d'aí e,e,e se comezaron a,a,a é decir, abandoamos o que era o núcleo da aldea só, é dicir, empezamos a ir polos camiños, polas corrupias o cal servía, pois, para recuperar espazos, e,e,e como comentaba antes Luis, recuperación do orgullo, da estima de ser de aldea, pero tamén recuperación de corrupias, de espazos e,e,e de contos, de lendas e,e,e combinabamos, un pouco, é decir, (sigue ti).
J. Luis Carreira: Unha cousa importante que se pensou desde un principio en Son d'Aldea é sobre todo, ter claro qu'era o que queríamos, non? tanto á limitación de xente, qu'estamos, temos un aforo limitado porque non queremos que perda calidade escénica, porque ademais non é un evento (para vir) multitudinario, sinón que é un evento dunha calidade cuidada e que queremos que a xente, entón, temos un límite de 480 personas que ao final, entre actores e actrices, somos 600 persoas, i que nos parece bastante porque tampouco non queremos meter presión sobre as aldeas ou lugares onde estamos porque xa sabedes que, ás veces, fanse eventos nun lugar pero realmente o que se, o, o evento dese lugar fai un pouco de atentado contra ese lugar, non sei dicir, non é respetuoso, e claro, moitas veces, tamén, o propio público que vén non quere que perdamos esa calidade, i ese público é un pouco esixente nese sentido de que si se masifica, pois eles deixarían de vir. A nós interésanos (incomprensíbel) que o público xeralista, é decir, que vén porque e tal.
Afonso García Penas: Efectivamente, i a idea é como comentabamos antes irnos, pouco a pouco, expandindo. Despois, e,e,e por exemplo, no 2015, chega á aldea de Santo Xusto que xa levaba colaborando con acto/ con xente de Santo Xusto pois desde o, e,e,e desde, desde a primeira edición, e,e,e i, pouco a pouco, foise incorporando máis xente i tamén máis aldeas. Vilafofe, pasou o roteiro por aí tre/ dous anos, tres anos. E,e,e este ano, incorporáronse aldeas como Gontar e Gundiá i,i,i pero, sobre todo, aumentou moitísimo o número de actores e actrices. Este ano, foron 110 actores e actrices; i o máis chamativo é as franxas de idade. E,e,e hai un e,e,e dos 110 actores e actrices, 24 eran rapaces e rapazas e,e,e menores de 16 anos, i eso é moi interesante porque estamos asistindo a unha trasmisión de coñecemento, vivido en primeira persoa, eh? a uns rapaces que no futuro terán que, poderán contalo ás xeracións que veñan detrás, é dicir, e,e,e cando falamos, por poñer u,u,un, cando falan esas persoas, e,e,e por exemplo, como falaba Xusto das herbas, é un coñecemento en primeira persoa ou cando falaban antes, aquí, da, da vaca, é decir, é un/ do entroido de Santo Xusto e,e,e trasmíteno en primeira persoa.
E,e,e relacionado con iso está a maneira como construímos as escenas. Hai, hai varios aspectos. Teatralmente, que é a ferramenta que vertebra o roteiro e,e,e traballamos de diversas maneiras. Unha é con entrevistas, é dicir, coas persoas maiores onde elas falan horas, i despois, selecciónase aquilo que pode ser de maior interese para concentralo neses 10 minutos, ou dunha escena, ou nos 5 dunha transición. Que ocorre? Que tamén iamos vendo, ao longo dos anos, que o que pasaba era que, ás veces, quedaban aspectos moi interesantes que nos contaban e,e,e sen mostrar, pois ben, porque como son 8 actuacións, tamén o cansanzo i,i,i é decir, eles non respondían a un esquema de memorización senón de vivenciación de recordos, entón, pareceunos moi interesante introducir aos nenos pequenos que son os que serven, é decir, teñen a capacidade da memoria en moitos casos e,e,e máis activa i,i,i serven de apoio i, ao mesmo tempo, están recibindo en primeira persoa ese coñecemento e,e,e das persoas maiores. Esa é unha vía. Outra vía e,e,e pois xa empezamos agora tamén a contar con xente cos que escribía guións como, por exemplo, ides comprobar despois na escena que Toño e,e,e escribiu para,a,a o,o,o romance, con, sobre Curuxás, sobre a vida de, de Curuxás. Fernando tamén ten escrito e,e,e moitas escenas do Son d'Aldea, eu teño escrito algunha, tamén, pero, basicamente, e,e,e é unha creación colectiva i é de,e,e é de todos i todas. Non?
J. Luis Carreira: Eu quería contar, simplemente, unha cousiña máis que a parte de Son d'Aldea (incomprensíbel) que é moi importante, e,e,e facemos, mostramos algo máis i vamos a facer un xantar na aldea, despois, para 600 persoas donde e,e,e imos evitar o casi lixo cero porque e,e,e usamos cubertería reutilizable, algo que nos cuestionamos moitas veces porque parece que non é mui práctico nos tempos que corren hoxe cando (é facer) calquer cousa ao monte ou/ pois sempre se leva cousa de (desfeito) que non se pode reutilizar,aquí, tuvemos mui claro, desde un principio, que había que utilizar pois e,e,e material reutilizable, platos de,e,e cerámica galega, e,e,e cubertería reutilizable, a auga collida dunha fonte, non collemos auga, sinón que a auga da fonte pódese beber, entón toda a auga que se consume en Son d'Aldea é collida en botella de cristal, reutilizable, entón, é decir, buscamos todo ese, ese compoñente de sustebilidade a parte de que os produtos que tomamos na, na, no xantar non é o clásico polbo á feira, nin o carne ao caldeiro que pode ser moi tradicional pero que, realmente, e,e,e non responde a produtos d'aquí, non? (Incomprensíbel) Quero decir que o que buscamos é que os alimentos sexan locales, non? e, d'aí, tamén damos pé a novos produtores que están hoxe na aldea. Temos, por exemplo, cada ano sempre produtores novos que acaban de empezar, proxectos interesantes coma As Xianas, proxectos coma As mariñeiras, proxectos coma Granxa Maruxa, Galletas Maruxas, ou este ano uns rapaces con crema de castañas de Paradela, é dicir, sempre damos entrada no Son d'Aldea, tanto para degustar as 600 persoas, que son potenciales consumidores, i potenciales difusores dese, dese modelo de produción como, tamén, para que podan vendelos aquí na mostra, non? É decir, que dalgunha maneira, Son d'Aldea vai moito máis alá, non é solo, mui importante, o teatro que é o forte, pero digo que ten unha mensaxe no seu conxunto, non? I unha mensaxe de actualidade; non é, porque moitas veces nos din, bueno, parece que sempre si Son d'Aldea é unha recreación coma as feiras medievais, ou como un teatro de tal, ou como o Arde Lucus ou como outros, non? Eu creo qu'esto vai un pouco máis alá.
Afonso García Penas: E relacionado con iso, unha das esencias de Son d'Aldea é que cada ano, cada ano cambian os escenarios i o tema sobre o que traballamos, co cal a persoa que veu o ano pasado, se volve o ano que vén, e,e,e verá un roteiro totalmente diferente.
J. Luis Carreira: Si. E,e,e bueno, despoise a música, pois, toda a facemos para (incomprensíbel) os xogos populares, coa música, e,e,e non vén a Panorama. Eu digo sempre que é (...) No, non é, non é por nada, é que é un horreo donde ten que pasar o camión i,i,i levámolo (incomprensíbel) á xunta directiva i por un voto non se tirou o hórreo porque si chega a fallar, pois ao millor ((Risas)).
Pois aí está. E, e moitas veces nos din que vannos a copiar; eu digo: "Ogallá nos copien". Porque ogallá haxa moitos Son d'Aldea porque realmente, o,o,o digamos, que se temos a algún contricante a batir son eses outros modelos de diversión que os cales pois non, non aportan nin defenden a nosa...


