Escribín, un día, este poema porque me lembro de cando eramos pequeniños, e se levantaba polas noites, a,a,a a atendernos a tantos. E si, Muller do Alén.
Outras veces a da Serra, María, regalara a luz.
Par dela, acubillada, dorme
unha criatura sen remorso.
A cada lado da cama un berce,
o terceiro na testeira.
No cuarto fronteiro tres nenos
soñan unha navalla, un balón,
niños de paxaros, carricantas de pau.
Dúas nenas trenzan a lúa de trapo.
Noite serena.
No cuarto de María a da Serra laza a auga na almofía,
a xerra cría cristal.
Con man morna nomea cada un,
mentres bica e tapa o brazo frío,
o nariz colorado, a oración da gratitude.
Que auga ó alborecer lavará a cara dos nenos?
Matina María, a da Serra, cobertor e cueiro,
arrolo e penico, na madrugada a tentas
a canción do Alén
Autor/a da transcrición: e~xenio