E, no ano 87, cando facía as miñas (...) e,e,e esas e,e,e visitas que vos contei á torre de Pambre, e,e,e esporádicas, e,e,e pois,s,s ocorriúseme tamén, xa empezara a escribir, este soneto. Este é do ano 87.
Á Torre de Pambre
Loura, irta pedra sonada. Recordos.
Voz remoída entre todos os ventos,
besta indómita idolatrada, lentos
abaten, negros, da terra á terra xordos.
Espanto musitado, silandeiro
verso que te alongas, tenro, sen medo
tépedo mármore de berros, quedos
sobre ti cerne atroz leito de aceiro.
De aloucada ledicia viste a morte
a hedra que pende conxurada diante.
Sangue aínda aberto de Galiza.
Forte lembranza da eternidade, vibrante,
pedra núa, inmensa pedra sen sorte.
Repousa loura, irta pedra...agoniante
Autor/a da transcrición: e~xenio