Manuel Pazos Redonda: Nesta casa, non había máis (que un meu) acordeón,
Antonio Reigosa: E antes, pero quen o tocou antes de usté? Tocouno alguén (...)
Manuel Pazos Redonda: Antes (...)
Antonio Reigosa: Nesta casa?
Manuel Pazos Redonda: Antes, tocou un sobriño de meu pai.
Antonio Reigosa: A,a,ah!
Manuel Pazos Redonda: E entonses (...)
Antonio Reigosa: Tocaba o acordeón
Manuel Pazos Redonda: E entonses, el era máis novo cá meu pai, meu pai xa tiña dous ou tres fillos aquí, e,e,e e entonses iban a vir pra España (...)
Antonio Reigosa: Ah!
Manuel Pazos Redonda: E entonses díxolle a meu (...) o meu primo, va, este,e,e: "O acordeón vouno deixar aquí".
Antonio Reigosa: A,a,ah!
Manuel Pazos Redonda: "Porque,e,e non me queda sitio pra cousas, non podo levar outras cousas" que pra el tiñan máis valor.
Antonio Reigosa: Claro, claro.
Manuel Pazos Redonda: E,e,e e díxolle: "Non. Lévao porque en España teño eu un, un, un fillo, e dasllo".
Antonio Reigosa: A,a,ah! E, aí, chegou o acordeón ao,o,o,o ao señor Manuel.
Manuel Pazos Redonda: Ao seño/
Antonio Reigosa: Bueno, ao neno Manuel daquela.
Manuel Pazos Redonda: Eso. É verdá. E aquí os que había, eran que viñan de Argentina que aquí non había acordeóns.
Antonio Reigosa: Ah!
Manuel Pazos Redonda: Pero ao acordeón, aquí, algho que sabía el e,e,e (...)
Antonio Reigosa: Entón, foi quen lle aprendeu a tocalo?
Manuel Pazos Redonda: Pois si.
Antonio Reigosa: (Aparte) de deixarllo.
Manuel Pazos Redonda: Eu collía o acordeón e ((fai acenos)) non facía nada. ((Risas)) E ((acenos)) (Mira, ho: "Aquí tes estas piezas, estes dedos, entonces (incomprensíbel) e d'aí vai pasar a un vals".
Antonio Reigosa: Así aprendeu a tocar o acordeón, decíndolle?
Manuel Pazos Redonda: Si. Bueno, el an/ ou sea (...) Ese, me/ meu pariente (...)
Antonio Reigosa: Si.
Manuel Pazos Redonda: Poise, veu por aquí e dou, doume as pezas, ou sea (...)
Antonio Reigosa: Enseñoulle.
Manuel Pazos Redonda: Enseñoume. Aquí, iba, íbase ás palilladas (...)
Antonio Reigosa: Si.
Manuel Pazos Redonda: E se levaba o acordeón, a joventú, inda hoxe é así, e,e,e (...)
Antonio Reigosa: Gústaballe máis o acordeón que a gaita?
Manuel Pazos Redonda: Si.
Antonio Reigosa: Si.
Manuel Pazos Redonda: É que a ghaita dentro dun salón como este non,n,n moito barullo.
Antonio Reigosa: Si,i,i.
Manuel Pazos Redonda: E o acordeón é máise estable.
Antonio Reigosa: Si, si, si.
Manuel Pazos Redonda: E entonsese (incomprensíbel) fomos aí, chamólle eu o prado de Vilar porque está cerca de Vilar, e, (dixen): "Eh, vamos ao baile a Leis. Vamos facer baile". A música xa a levábamos nós, e despoise as palilleiras deixaban de palillar, e,e,e (...)
Antonio Reigosa: Empezaba.
Manuel Pazos Redonda: E empezaba. Eu cando me viñeron chamar pa ir tocare ao lughar de Sendón, aquí, cerca da plaia de Lagho (...)
Antonio Reigosa: Si.
Manuel Pazos Redonda: Eu tiña unha aleghría en min! Como me chamaron pa tocare, eu quería tocar xa, e,e,e bueno, era (...)
Antonio Reigosa: (Incomprensíbel) (Que di? Si!) Facíalle ilusión.
Manuel Pazos Redonda: É verdá. Eu tiña ilusión pa, pola música. Había veces que eu viña de apañar mato ao, ao monte (...)
Antonio Reigosa: Ai, si!
Manuel Pazos Redonda: E,e,e E dixen: "Eh, prepararse que vamos a,a,a a Tufións, ao, a facer baile a (incomprensíbel)". Eu, nunca, dixen que non.
Antonio Reigosa: Ala! Veña! A tocar!
Manuel Pazos Redonda: Eso. E depós, tamén, había outro viciño meu (...)
Antonio Reigosa: Si.
Manuel Pazos Redonda: Pero tocaba mellor cá min.
Antonio Reigosa: E que tocaba? Tamén o acordeón?
Manuel Pazos Redonda: Tamén o acordeón. Tiña, tiña un acordeón. E,e,e tocaba bastante ben.
Antonio Reigosa: Si. E que, como se chamaba? Acórdase? Como se chama/?
Manuel Pazos Redonda: Faus/ Faustino Parada Carnés. Eu, ás veses iba, a un serto sitio, e,e,e tocaba (...) e,e,e cantaba e eu, en ves d'ir bailare, [es]taba ca orella ao escoito.
Antonio Reigosa: Si.
Antonio Reigosa: E, ese outro meu veciño tiña moito, e tampouco non tiña moito onde,e,e ir tocar.
Antonio Reigosa: Xa.
Manuel Pazos Redonda: Pero,o,o díxome el unha ves que fora tocar a (Añobres) que tocou toda a noite sin, sin repetir una pieza. Daquela a jota e maila muñeira era,a,a as (...)
Antonio Reigosa: As que máis lle gustaban aos mozos.
Manuel Pazos Redonda: Eso es.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 26 de marzo de 2018 en Merexo (Muxía), co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.