Era unha aposta entre un raposo e un sapo, xa sabedes que son os dous mui espabilados. Entón dixeron: había un montón de trigo enorme, os dous tiñan fame e dixeron: oes, podíamos facer unha aposta a ver quen se queda co trigo, e dixo o sapo: vale, vale. Non hai problema. E dixo o raposo: pois mira, pra que despois non teñamos discusión imos facer así: imos coller un cepo, de madeira, imos coller un machado, e o que primeiro lle corte ao outro o pescozo dun só golpe quédase co trigo.
Esto tamén é bruto pero...como...en fin, xa vos dixen que a cousa era perigosa. Bueno, entón dixo o raposo, Perfecto, a idea estupenda, pon ti primeiro a cabeza no cepo. E vai o sapo, que é algo máis tonto que o raposo, pousa a cabeza no cepo e colle o raposo o machado e mmmmrá, e cortoullo casi todo, pero non todo. Vós sabedes como son os sapos? Os pequenos, sabedes como son os sapos? Teñen cornos, a que si? Non teñen cornos... Ao sapo quedoulle o pescozo así cunha tira fina, fina e dixo: Peliche! Dixo o raposo: e ti gañache moito.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro