O deserto como centro dunha narración en forma de collage. O deserto como forma pertencente ao Land Art, aquel que xorde no Oeste dos EUA e que ten xustamente no deserto as súas primeiras manifestacións artísticas.
Aquí inclúese unha performance con dous actores se flutúan e se moven nun círculo imaxinario poboando dito deserto. Dicir que a performance transforma a teoría da arte pois xa non é o obxecto senón o suxeito, o centro da obra de arte.
O ton poético fai referencia á soidade, á separación, ó amor, que se reinventa constantemente para achar un espazo de comprensión mutua.
As pasaxes políticas fan referencia ao grupo f.64, a Martin Luhter King e á caída do Muro de Berlín.
F.64 é unha asociación fotográfica que se fundou en California en 1932 coa influencia de Paul Strand e Edward Wenston. A fotografía enténdese aquí como metonimia da Información. A primeira exposición foi en San Francisco. Propoñían unha fotografía pura, sen intervencións, directa, non manipulada. O nome ven do número de diafragma máis fechado das cámaras de gran formato, que supón maior nitidez. Nos antecedentes sitúanse Alfred Stieglitz. Simultaneamente en Alemaña xorde a “Nova Obxectividade”.
Así o dereito á información é unha nova reivindicación da sociedade civil, non obstante, os medios de comunicación e as representacións do mundo -social, simbólica, cultural, etc- mostran que estes reforzan o sistema binario home/muller e os condicionamentos de xénero que o feminismo da igualdade pretende abolir.
O 23 de agosto de 1963, diante do monumento a Abraham Lincoln en Washinton D.C. diante de máis de 200.000 persoas Marthin Luther King pronuncia o discurso I have a dream a prol dos dereitos civís para os negros en EUA.
O 10 de novembro de 1989 (28 anos despois da súa construción), cae o Muro de Berlín. O líder da RDA Erich Honeker renunciou o 18 de outubro de 1989 e anticipa a desintegración da URSS (1999), pois as repúblicas socialistas soviéticas opúñanse ao poder de Moscova. A liberdade de circulación está recollida na Declaración de dereitos Humanos, no artigo 13.