O proceso de construcción dunha obra píctórica supón a constatación de que os sentimentos poden transformarse en algo visual. Ó comezo esta obra era so un boceto que se foi xestando á maneira dun palimpsesto (visual). O xogo co branco e negro como opostos pódese extrapolar ó mundo. Así o branco e negro pode ser metonimia da vida e da morte....
A transformación nunha dobre vertente é outro dos apontamentos do filme. A transformación da obra dentro do filme e a transformación que se deriva da visión do mesmo.Por otra banda vemos que as fronteiras entre o documental e a ficción se desdebuxa. Dirixímonos de cara a ficción por recursos cinematográficos como as elipses e cara o documental polo método observacional; miradas a cámara e movementos de cámara de cara a experimentación.
O espazo cinematográfico é como un lenzo en branco, precisa de observación (interna e/ou externa) e de execución.