Son dous na tarde clara. Unha egua, un cabalo. A aldea, Suevos, ao fondo. Rodeados de natureza, viven en compañia; o un do outro. E en harmonía. Ela é branca, branquísima. El é negro, moi negro. O yin e o yan. A pulsión feminina, a pulsión masculina. Viven en compañía e en distintos prados. O dono, Ángel, múda-os de espazo.