Homenaxe as persoas asasinadas por defender unha idea, o símbolo dunha vila ou a identidade patrimonial dun pobo.
FICHA DESCRITIVA
A peza está pensada como unha instalación onde o observador pode ser partícipe e transmisor do contido do fondo, arquiveiro da memoria, e pasa a formar parte da desaparición da Virxe do Cristal e do asasinato de don Adolfo, custodio da mesma.
Virxe do Cristal seguirá a ser parte da comarca Terra de Celanova e por extensión de toda Galiza.
A idea da obra VILANOVA DOS INFANTES WANTED THE CRYSTAL VIRGIN foi que o baúl coa botella e a súa mensaxe poética chegara ata outro lugar ou continente, co relato da traxedia acontecida en Vilanova dos Infantes e vogar por unha xustiza futura para os corpos febles e miudiños.
FICHA TÉCNICA
Instalación, obra escultórica (técnica mixta) 2024
Vilanova dos Infantes Wanted the Crystal Virgin
Peza de 10 cm largo x 6 cm fondo x 10 cm de alto (aprox.)
Madeira, cartón, cortiza, tecido, cristal, fotografías, memoria dixital.
Caixa xoia, baúl e frasco de cristal. Dentro da botella, un lapiseiro dixital. A memoria contén fotografías orixinais da vila, enlaces de prensa do caso criminal, non resolto, do 2015 e o poema para escoitar
“Romance futurista da D´Cristal”.
Forma parte da exposición permanente de Arte Contemporáneo na Torre de Vilanova dos Infantes, Terras de Celanova, con artistas do toda Galiza sobre a Virxe do Cristal.