Un estado de transo ao que se chega pola observación. Estas imaxes provocan e precisan a contemplación desde un estado zen do espírito. Abandono a idea do “fast” para instalarme na calma, no que vai amodo, lentamente. Deixar por uns intres de reificar a existencia e asimilar que o tempo non comeza nen ten fin, como se falaramos da transformación dunha espiral en círculos concéntricos. Estar aquí, neste intre preciso, vivindo nun fragmento da existencia que á súa vez é o todo. Asimilar as respostas bioquímicas á percepción contemplativa, en e por atopar unha resposta a algunha cuestión que levas dentro de ti. Desfacer o fío, tirar del até rompelo, sen ataduras. Liberdade adquirida pola comprensión existencial da función do teu eu. Todos co mesmo imperativo categórico: achar a felicidade. Se te sentes feliz vendo este filme... serei feliz. A felicidade dos outros. A miña propia.