

LITERATURA E ACTITUDE PUNK
I PARTE
Lois Pereiro
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.
Luz e sombras de amor resucitado (1995)
Luz Pozo
Naquela cidade
onde unha rapaza escribía un diario secreto
na noite
mentres o soño desvalido semellaba finxir
silencios compartidos
nesa vella cidade do norte
o primeiro poema de amor flutuaba
coma un blues nostálxico na noite.
Só quería saber
por qué as cordas permanecen vibrando coma labios
e qué queda do diario secreto
na noite desvalida.
Querería saber daquel río esvaído do soño
tal unha despedida sen retorno,
do silencio curvado nunha praza deserta e antiga.
¿Onde vai o primeiro poema de amor
a materia sonora dun blues fuxidío
a inocencia primeira?
Códice Calixtino (1986)
Samuel Solleiro
Se lembrades os asinantes daquel programa político futurista, soaravos o nome dun deles, Luigi Russolo. Russolo tivo a gran idea de aplicar as ideas futuristas á música nun manifesto que se chamou L'arte dei rumori (A arte dos ruídos), grosso modo, unha apoloxía do uso do ruído na música.
Do futurismo á música industrial:fascismo e vangarda no corazón do bosque (fanzine, 2014)
Dani Salgado
Ningún perigo entre tanta claridade,
Ningunha mención á illa,
Nada que indique a presenza da morte
Nin apenas eclipse disposto sobre nós
-a destrucción de todo fóra de campo-
E ao fondo a insoportábel gloria do horizonte
Unha calor segundo a que se ralentiza
Mesmo o mal e desaparece o carbón dos paxaros.
Foi así contra a natural desidia de agosto,
Debaixo dunha luz danada, destenasdas,
Que a excepción se apropiou dos últimos días
E non soubemos a quen informar.
Como un alustro o que nunca é mentira.
Dos paxaros e otros poemas (2021)
Estevo Creus
Así
a miña dor
traza o percorrido dos meus ollos
inventa paisaxes invisibles
penétrame por dentro
sábese caída
como as voces
as voces
construir as voces
unha máquna
para gravar as voces
Teoría do lugar (1999)
Denise Levertov
Non ter senón ser
O corazón negro da amapoula
Oh estar alí como unha semente
Converterme na benamada
Cando o mundo remate
Meterse na derradeira nota da súa música
Poemas ( 1968-1972)
Elena Poniatowska
Camiño polas grandes avenidas, as anchas superficies negras, os paseos nos que caben todos e ninguén me ve: ninguén se vira, ninguén olla para min, nen un só deles. Nengún dá o menor sinal de recoñecemento. Insisto. Amádeme. Axudádeme. Sí. Todos. Vós.
Estado de sitio (1933)
Michel Houellebecq
Unha sensación de frío
A mañá era clara e completamente fermosa.
Ti querías conservar a túa independencia.
Eu agardábate, ollando os paxaros:
Non importa o que eu fixese, habería sofremento
Supervivencia ( 2007)
Hindol Batacharjee
Destrución
Camiñamos nunha corda axustada todos os días Déixame sentar dous minutos, a ver a quen serve esta vida. Todo home entende, escribe el mesmo a morte A marea chegou á lúa polas túas tatuaxes Deixe-me sentar dous minutos, para quen é esta vida, entendo. O novo volcán queimouse en cinzas Por erro, atoparás Gajan de Shiva nesta cidade, - Aquí todos volven a casa á medianoite Acepte, só digo, salva a Sra. A tormenta, aínda que está escondida, quítalle a última peza de roupa. Estabas tan cinza? Estarei tan triste?
A. Seguindo a Bourdieu, os sistemas literarios deixan entrar e fan saír a autores. Cal é a túa relación, como escritor da literatura galega con e contra o propio sistema literario?
B. O anarquismo. Levar as rendas e o control da propia vida. Ser libres. Ser donas de seu. Refléxase de que forma na construcción dunha obra, dun poemario?En que medida a escrita é libre, nos entido de non influenciada…libre e auténtica… Como se adquire unha escrita propia, de seu, auténtica?
C. Lois Pereiro( Monforte de lemos 16 de febrero, a coruña 26 de maio de 1996). O emblema punk da literatura galega. No 2011 día das letras galegas. As marxes acéptanse de verdade como centro? Existe, para que así se faga, un peso popular que os leva cara dita aceptación?
D. Luz Pozo é para min moi punk porque sempre fixo o que quixo e as súas obras teñen esa impronta. Facer o que se quere e cando se quere sen importar o presente histórico para situarse nun presente contínuo que ten na deriva o seu modus operandi. Esta deriva é un factor sine qua non da construcción literaria? É dicir, deixámonos levar, mesmo no caso extremo da escritura automática,…m.duras dicía que os libros non son libres por estar organizados… existen o perigo de caer en hábitos na escrita que destrúan ao autor como suxeito individual auténtico?
E. Samuel Solleiro destrúe o pasado relatándoo. Esta destrucción da propia biografía ao tempo que se escribe é peculiar. Si, el é un autor moi peculiar. En Do futurismo á música industrial, fala do dadaísmo como movemento anarquizante. Ademáis nomea por mor dun concerto en Chicago o movemento antifascista. É posíbel ser unha escritora galega e non ser antifascista?. Este é un aspecto que está ben, “ben” porque logo vou dicir normalizado; este tipo de normalizacións que fan que a norma sexa algo bo. De que forma a escrita pode loitar contra o fascismo?Moitos din que a poesía é o máis político, pero está aí a política per se. A política dura. Teñen que existir máis libros que se posicionen abertamente contra o fascismo?
F. Que hai tan punk como “sair de si mesmos”. Ou canto menos de fantasear que o facemos. Dani Salgado. Vernos deconstruídas como se levaramos unha cresta vermella ou verde… e non esquecernos nunca dos campos de exterminio nazis. Porque o PUNK loita contra o nazismo en toda-las súas formas. Cunha actitude desafiante. Este desfío debería ser motor na escrita? Rachar con todo o estipulado? Crear algo novo a cada vez?
G. Con poucas palabras pero cun imaxinario moi potente, Estevo Creus escribe poemarios xenuinos. A natureza sempre presente pero nembragantes desnaturalizada, cunhas esencias que son á vez constructio… proponnos entrar nun xogo de minismalismo tan exacto que o convirten nun poeta punk. Convirte as baleas nos protagonistas dos seus pormas-relatos, que non deixan de atetiguar que o punk non é contrario á defensa do planeta. Esta idea opera como metáfora da obra, que con todo, está apegada a un territorio que é metaformoseado. O termo anarco-galeguismo deixa convivir co territorio pero éste e creado, é ficticio, ainda que se ubique en galiza ou en cada lugar do mundo onde hai unha galega. As galegas no mundo permeabilizamos o alleo co propio nun acto de construcción e deconstrucción ao tempo da identidade. Identidades híbridas ( termo de Canclini) na época do Imperialismo e do Antiimperialismo. Manter o idioma galego, a natureza( porque existe un ecoloxismo punk) perante o ataque do españolismo, é un acto punk? É galiza unha nación punk?
H. DENISE LEVERTOV non imaxina a súa propia vellez. Querer ser sempre xóvenes é moi punk. Ademáis reinventarse en cada libro, en cada poema, en cada verso e non ser nunca vello. Porque como di Manuel Antonio no seu Manifesto Máis Alá, é necesario identificar aos que empobrecen a cultura por arcaicos. O moderno pero tamén o respeito aos verdadeiramente vellos, os que transmiten a cultura de maneira efectiva e singular. Vives ao día, é dicir, no “no-future”? Xa que estamos predispostos a ficar na historia tememos que o que se escribe non perdure no tempo e sexa vello, no sentido antoniano.
I. A súa época foi a das escritoras que se revoltaban contra o sistema patriarcal, os comezos do movemento feminista cultural. Elena Poniatowska rompe moldes. A loita contra o pariarcado é efectiva desde o cultural e común pero tamén desde o doméstico. Esas dúas esferas son espazo de accións liberadoras? É dicir, actuar desde todos os eidos para erradicar a desigualdade, o medo, o desdignificado. Para respirar un aire limpo de discrriminacións e cheo de felicidade que non proceda dun sistema falso no que as emocións se controlan para manter o Poder no seu lugar.
J. A noite está fóra. Houllequec escribe como o “poeta da merda”. O que nos devora o estómago, o que nos devora o cerebro. Todo isto tamén é materia poética ( como di Oliver laxe “ tamén a merda”). Esa dimensión escura, a propia vida en escuridade, a batalla da vida, tamén se incorpora á escrita. Sacar a podredume interior e vomita-la nun poema, para logo facer mermelada… que parte tés de michel houellequec, un poeta que está no centro do sistema literario francés… un dos máis coñecidos a nivel internacional…
K. Hindol BATACHARJEE vive no máis extremo deserto vital. Este poeta hindú en língua bengalí exerce desde a máis absoluta periferia mundial, un traballo decididamente DIY. Os espazos baleiros, a existencia efémera, o amor primitivo. Incorporar o amor: realidade ou ficción? Os punks tamén aman?
II PARTE
Antón Lopo
Agamben, por exemplo, defende que é imposíbel escribir poesía e iso, precisamente, faino necesario face-lo.
Ursula K. LeGuin
Silencio
Tiven un pequeno pensamento nú
que escorregou entre as miñas coxas
e escapou antes de ser prendido
e voou sen que lle ensinaran.
Oh, olla que lixeiro voa!
O meu pensamento bebé, o meu paxariño
todo rosado e nú vai.
Debo coser palabra a palabra a palabra
e abotoar a súa roupa
e así medra e camiña e fala e morre.
Cando estiver morta procura a rosa
que medra entre os meus ollos.
Os paxaros pousarán sobre a folla e a espiña,
paxaros silenciosos nacidos ao silencio.
André Breton
Despois perdóame
Non teño tempo de respirar
Son un destino
A construción solar retívome até agora
E agora só teño que deixar-me morir
Tristan Tzara
Poema mundano, como vivir a nosa vida - pregunta -
Estou aborrecido, son a terra rotulada no Outono
e a literatura é o verme que roe o camiño subterráneo
por onde virá a auga para nutrir a colleita do verao.
Patti Smith
Deserto
Así é como
Erramos polo campo xelado
Descalzos e coas maos valeiras
Apenas humanos
Sorteando un deserto
Que aínda non coñecemos
Aquí é onde o tempo se detén
E non temos onde ir
René Char
Impose ta chance, serre ton bonheur et vas vers ton risque. Á te regarder, ils s’habitueront
Lara Dopazo
ás mañás, mentras os animais tolean
gastamos o tempo en buscar civilizacións antigas
Anegadas nos encoros que nós mesmas construimos
nos muros de contención das cortes que nunca
gardarán os animais tolos desta aldea.
No seu despregar (antoloxía 2017)
Rosalía Fernández Rial
Porque o teu camiñar marca o ritmo do mundo
con brincos de danza á deriva.
Sinte!
Sinte que sentes.
A vida,
a liberdade ós teus pés,
bolboretas borrachas no corpo,
cores imposibles,
primavera baixo o peito.
ti e eu bailando as rúas;
ata desaparecer.
SACAR a BAILAR. Poesía reunida (2009-2016) (2016)
Alejandra Pizarnik
Madrugada
Espido soñando unha noite solar.
Repousei días animais.
O vento e a chuvia borráronme
como a un fogo, como a un poema
escrito nun muro.
Los trabajos y las noches (1965)
Anónimo
cascudas,
inseutos nos teus ollos
folerpas de chumbo
a agonizar na túa boca
buratos que son ollos
tendóns desgarrados na gorxa
cirurxía cutánea
debaixo do nervo
1. Para que escribir poesía? É realmente necesario? É un acto punk? De rebeldía?
2. As palabras núas, crúas, son as que temos que elixir como campos semánticos? Destrui-lo todo primeiro?
3. A morte de que maneira a asimilamos sabendo que temos que vivir ao día, no future?
4. A diversión, debe estar presente cando escribimos? Creamos unha taz como unha festa punk?
5. O baleiro, o silenzo ou os berros? Estamos escribindo continuaente por medo ao silenzo? Berramos cando facemso poesía?
6. O trepidante, o acelerado, é materia para a escrita?
7. Construimos as nosas propas limitacións?
8. E na deriva, no terremoto, onde a palabra se fai asimesma?
9. Escribir fóra do papel, é un acto subversivo?
10. É necesario firmar as obras? Que lugar ocupa o anonimato?