En Puzzled Feet téntase evocar a través da imaxe da muller na xanela esa xove que ás veces xoga a ser unha nena e outras veces a ser adulta. Ela expresa con firmeza a súa confusión sen dar a cara. Na escada mantén un xogo-diálogo constante consigo mesma expresado no movemento dos pés, que dan lugar a diferentes estados de ánimo e conclúen sen máis no silencio.
Puzzled Feet é unha das primeiras pezas de vídeo-danza realizada en Galiza no ano 2006. As imaxes foron filmadas no Día das Letras Galegas, 17 de maio de 1990, nunha casa da Praza do Toural (Santiago de Compostela). Na gravación pódese escoitar unha voz de muller, pois tiña lugar un evento con motivo da data destacada. A edición final foi producida por Diego Santomé, vídeo artista vigués, en 2006.
Coreógrafa e intérprete: Amparo Martínez Paz
Edición: Diego Santomé