O escritor, o artista, entra na súa propia morte desde que a obra comeza; é un baleirarse, deixarse só núo no medio da néboa do bosque que ilumina e entra no cuarto, ou desaparecer nunha montaña de area no deserto. Morro, morro e renazo cando me les, cando ollas, cando escoitas o silencio, cando me pensas...