África é o primeiro videoclip do proxecto músical experimental con guitarra de Ronsel Pan, un proxecto que aínda non ten nome e que pretender ser un berro no medio do deserto para así, con todas as forzas que sexan posíbeis, transformar a ira punk en música post punk.
A arte africana e o postpunk. O primitivismo e o non domesticado.
As máscaras africanas demostran que os canons da arte universal deixan á marxe determinadas manifestacións artísticas. Así, estas poden ser consideradas obxectos que demostran a complexidade de certos rituais antigos que poñen nelas un dos focos dos mesmos.