A invención da acuarela ven da man doutra invención: a do papel na China do 100 a. C.
O antecesor en Europa foron os frescos (como os da Capela Sixtina).
Foi un previo ás vangardas do século XX.
Un paseo pola natureza que nos remite ao pasado celta de Galiza e que nos fai revivir a espiral e transitar os círculos para acadar un estado de comunión co mundo dos símbolos e tamén co mundo vexetal: árbores, camiños, montañas… todos eles portadores dunha identidade ad hoc para o vídeo.
Árbore asomada ao abismo nun acto de revolta que os fai seguir crecendo e conseguir ese espazo ad hoc no cal agromar os froitos.
Solpor detrás da montaña permítenos ver máis alá, sen concesións e reificar a existencia para acadar ese estado de comuñón coa natureza.
Máscara no oco dos ollos para ver coa mirada abraiada coñecendo todo o que nos rodea para tamén coñecerse a si mesmo.
Camiño no fragor da mirada. Andamos percorrendo sendas inmemoriábeis que nos conducen a propia visión dunha mesma.
Eco esvaído no ollar. Os sons que nos fan viaxar a outras latitudes tamén nos permiten ver diferamente.
Tacto primitivo expandido. Outro dos sentidos que nos fan emanar emocións e coñecemento. O primitivo convertido en arte.
Bidimensionalidade efémera. As fotos que nos permiten ver o antano acoden de maneira efémera… só unha ollada.
Campo estrado de flores. Transitar a natureza como se fose un acto épico sen loitar por domesticala.
Espiral recollida ensimesma. Símbolo celta por excelencia a espiral vírase cara si mesma para dar conta da súa metaexistencia.
Círculo mirando ao interior. Símbolo dos ciclos da vida, o círculo representa a mirada interior.