A viaxe: Int/ext confire un espazo para a reflexión conceptualizando a ficción narrativa poética ao longo de sete capítulos. A imaxe dota a obra dunha determinada hermenéutica interna que se consolida co son, constituindo o elemento visual unha repetición cíclica que non se derruba sobre si mesma senón que aposta por repensarse unha e outra vez.
Así, unha obra híbrida roza os marcos/límites do documental e a ficción e lévanos polo camino da postmodernidade. O mar como fondo narrativo, pero tamén transcendendo esa función, é quen acubilla a narración sonora que reúne a intervención en sete capítulos e dálle espazo para expresarse.
Barthes proclama a condición mixta dos medios tradicionalmente visuais, e é aquí onde se percibe a intervención do son como elemento transcendental, pois é a través deste que non deixa de contarse unha historia (se de por si xa a imaxe non o fai).
Con todo, esta historia descontextualízase e faise experimental, xa que procura a reflexión a través da conxunción de imaxe e son que nos transmiten ideas-teorías que tamén son poéticas. Reflexión en torno ao nacemento, o imposíbel, a transformación, o perpetuo, a liberdade, o recoñecemento, a luz...
E todo baixo a imperante presenza do mar. Jean Renoir sostiña que lle resultaba imposíbel facer un filme sen auga. Este é un filme de auga, de mar.